24.9.08

Comida e cartos

Fai tempo que lle veño dando voltas ó mesmo. Unha gran costume da blogosfera e aludir ás visitas coma unica razón de existencia dun blog. Si fas un comentario noutro blog con mais visitas ca o teu, pois falo por atraer visitantes. Si usas certas verbas, pois tamén. E si cortas os RSS, a unica causa posible e que che visiten.

Coma na vida mesma, cada un pode ter a suas propias motivacións independentes das visitas nos blogs. E como supoñer, que todo o mundo que traballa faino por cartos, e que todo o que facemos nas nosas vidas, e por popularidade ou beneficio directo.As motivacions para escribir un blog, coñeceas o propio autor, e ocorrenseme varias :

  • Como diario persoal, para ver nun futuro o que pensabamos no pasado.
  • Unha reflexión en voz alta sobre os aspectos que queremos suliñar.
  • Como motivación para aprender e investigar sobre temas que nos parecen interesantes.
E non sempre a mellor maneira de valorar os blogs e polo número de visitas. O caso dos blogs comerciais con tropecentas visitas e que hoxe en día estan pouco valorados por algunhas persoas.

Ocorreseme o simil dun artista, que non debe estar preocupado polo que pense a xente, si non por comunicar co seu traballo. Porque non todo na vida van ser comida e cartos.

No hay comentarios: