17.7.08

Subcontratando a web 2.0 : cink.es

Pois hoxe chamame a atención cink.es, un "servizo de axitación 2.0". A idea pareceme boa, subcontratar externamente os servizos de blogging, microbloggin, e demais redes sociais. Poderia ter resultados creando "buzz", respondendo comentarios, animando twitter corporativos e demais lindezas.

A clave está no intrusismo. Os blogueiros somos moi recelosos das corporacións, e non nos gustan os convencionalismos nin os formalismos típicos das grandes corporacións. Si este tipo de servizos non pasan dun nivel informativo, poden resultar interesantes.

E como primeira proba para poder evaluar a sua eficacia, ocorreseme falar deles para ver si son quen de mirar pola súa imaxe corporativa. Para min, unha das tarefas mais importantes de todo este tipo de servizos. Mais información no seu blog corporativo.

Por certo, si queres colaborar con eles pidenche o curriculo , moi 2.0 non é ¿non si?

ACTUALIZACIÓN: Non sei si pola barreira lingüistica, o caso e que os rapaces de cink non respostan cando se fala de eles. Espero que traballen de outra forma cos seus clientes.

1.7.08

We are not what we think we are (Non somos o que pensamos que somos)

Mirate ó espello e dime, ¿Que ves?.
Seguramente non fai falla que fagas o exercicio, e xa sabes o que verás. A imaxe que cada un ten de si mesmo, unha mestura entre o que somos, o que queremos ser e o que queremos que pense que somos. O que non se nos ocorre moitas veces, e que esa imaxe adoita estar distorsionada. Non somos o que pensamos que somos. Ainda que queiramos selo.

Somos o que somos

¿ou non?

Nota: O debuxo que ilustra este post, titulado Autorretrato de Escher pendura en fronte da miña cama para recordarme que non o son o que eu penso.