28.3.08

26.3.08

Os blogs coma fontes xornalísticas


Parece que os xornais tradicionais estanse a dar conta do impacto que teñen os blogs nas novas. E parece que o diario portugues publico.pt e dos primeiros en engadir enlaces os blogs que falen da nova para poder contrastala e profundizar no tema.

Alguns xornalistas (e profesionais) parecen ter medo o novo xornalismo cidadan. Outros non.

20.3.08

Ata sempre Mr Ballam

Tiven a oportunidade de ver a John Ballam cando era un cativo, hai uns vinte anos. Ainda que xa o vira pola tele, sorprendeume ver na plaza da miña vila o espectaculo dun home vestido de cowboy e facendo pasodobles tocando nunha porta. O seu repertorio estaba composto por pezas de folklore peninsular con versions de clásicos do Oeste, algo bastante orixinal por aquel enton (e ainda agora). Logo lembro uns anos despois unha serie (ou uns gags dentro dun programa) no que viaxaba en un sidecar xunto con Vladimir, o vampiro de Pontevedra. Do mais surrealista que saiu da telegaita.

Enterome polo blog de Andres Milleiro que o Gran Ballam pasou a mellor vida. Agora estará xunto cos seus idolos John Wayne asubiando sintonías de Morricone. Sempre nos quedarán os seus videos para recordalo.

18.3.08

GPS Art and Beauty

Cando en 1983 o Departamento de Defensa dos Estados Unidos liberou para uso civil a súa aplicación militar NAVSTAR GPS (con algunhas restriccions) de seguro que non imaxinaban todolos usos que se lle poderían dar á mesma. Dende a navegación maritima ou terrestre ata a localización e obxetos roubados, topografía ou a investigación científica. Unha morea de usos e disfrutes para unha tecnoloxía propietaria e con restriccions: na primeira do , os yankis modificaron o sistema para inducir un erro e que non fose aproveitado polo enemigo (hai rumores de que os iraquis tamén lle trampearon o invento para inutilizarllo).

En calqueira caso, os usos civis da tecnoloxía GPS non deixarán de sorprendernos:


Non deixarei de abraiarme con todalas posibilidades desta tecnoloxía, e sobre todo de preocuparme ata donde nos pode levar. Os telefonos de última xeración que incorporan GPS poden ser un Cabalo de Troia para conocer a nosa posición ainda que nos non queiramos (e ainda que non incorporen GPS). Medo me da...

10.3.08

Lordi Vs Chikilicuatre

Non podo deixar de sorprenderme pola victoria do chiki-chiki na selección para Eurovisión, a pesares de Televisión Española e os seus presentadores. Por outra banda, está claro que o poder de convocatoria (e o marketing) que aportou "El Terrat" (productora de Buenafuente) deixou ó resto de participantes en clara desventaxa técnica e con poucas posibilidades de gañar. Hoxe na música, xa sabemos que o secundario é a calidade...

Non é a primeira vez que vaia Eurovisión unha parodia. Ocurreu con Lordi, grupo heavy metal fines que representou ó seu pais en Eurovisión e gañou!(video ó fin da entrada). A gran diferencia, e que o grupo fines tiña unha calidade bastante superior, a pesares de ser unha parodia. A outra diferencia, e que en Finlandia o rock e o heavy está aceptado socialmente, namentres que aqui "somos todos uns porreros".


"cada un come do que gusta, dixo o que comía os mocos"


5.3.08

Moito paripé

Moita apariencia e o que hai...
Chamo a Supervisión y Control para pedir cita para a ITV, e preguntanme si quero ser atendido en galego ou castelán. Escollo galego, e todolos operadores ocupados. Volvo tentalo coa mesma sorte, e unha terceria vez mais do mesmo. PAra a cuarta vez ocorreseme pedir que me atendan en castelán e nuns intres pasanme cunha operadora.

E digo eu, ¿de verdade existen eses operadores que te atenden en galego, ou é todo unha pantomima? ¿De existir, que porcentaxe supoñen sobre o total de operadores?. A ver si vai ser que todo o mundo solicita que o atendan en galego... vai ser que non.

Para unha lingua falada polo menos por un 40% da poboación, ¿sería esixible un 40% dos operadores galegofalantes?