29.5.08

Adega non se vende?

Incrible pero certo. Unha das asociacións ecoloxistas mais importantes do noso pais, desmarcase da concentración en contra de REGANOSA (pranta regasificadora que queren situra na ría de Ferrol), e convoca outra manifestación paralela contra as piscifactorias.

Eu xa veño pensando que as asociacions ecoloxistas nunca deben estar ao servizo de intereses políticos coma no caso de ADEGA. Non son profeta, e que era visto. Coa subida do Bloque ó poder son moitos os proxectos que conseguiu e moitos os seus integrantes que pasaron a engrosar as filas da Xunta.

Galiza non se vende.


Visto en Chuza!

24.5.08

Social media consultant

Realmente non me gustan os consultores. Mellor dito, pareceme moi complicado que unha persoa allea ó traballo diario dunha empresa/business, sexa capaz de aconsellar e dar leccións sobre como facer as cousas. Por suposto que saberá moito de inxeniería de procesos, pero de fabricación seguramente non teña nin idea.

A maior parte dos consultores que me topei no traballo, ofrecen solucións estandarizadas para problemas moi concretos e iso non resulta. Estou de acordo con Consultor Anónimo na súa visión da consultoría ainda que él apunta ás culpas do cliente, e eu apunto ás dos profesionais do sector.

De todolos xeitos penso que existe un florecemento de pseudoconsultores que non é normal. Ser consultor debería ser coma ser fermoso, un adxetivo calificativo que só ten merito cando o din os mais. De pouco serve que eu diga que son consultor, eu serei un profesional de calquera campo e serán os clientes os que me califiquen como consultor. Pero hoxe en día, calquera adopta un termo anglosaxón para o seu traballo coma Social Media Consultant, Information Technology Consultant, etc e triunfa no mundo dos consellos coma unha nova forma de relixión e moitas veces sin pasar polo catecismo.

Pero as cousas están así, e como dicía miña nai "Non só e selo se non parecelo". E moitas veces, a culpa do fracaso dos procesos de consultoría é do propio cliente que non sabe seleccionar o seu asesor, deixandose guiar pola súa sona en lugar de pola súa experiencia en proxectos similares.

Nota: O da foto e Josh Hallett e non ten culpa de nada :). Foto de Happy Katie

23.5.08

Corecommerce e o trato ó cliente

Unha das vantaxes da nova web 2.0 e a posibilidade de aplicacións remotas e solucions chave en man. Buscando posibilidades para crear unha tenda electrónica topome con Corecommerce, unha solución de comercio electrónico todo en un, que ofrece por $39,99 mensuais, aloxamento e software para escomenzar a vender por internet. Non está mal.

O problema ven cando queres contactar con eles, buscar algun dos seus clientes na lingua de Cervantes ou alomenos algunha referencia a eles. Nada. Zero Zapatero. E logo de tres mails, tampouco respostan.

E moi doado conseguir presenza en internet. O que resulta mais costoso, e conseguir atención ó cliente de calidade tanto na vida real coma na virtual. Pera nos mundos virtuais esto é mais importante ca ningunha outra cousa. ¿Pagariaslle a unha empresa por un servicio, cando ela non resposta ós teus mails?. Eu dende logo non.

Por certo, ¿algunha alternativa?

16.5.08

Revista bostezo


Xa era hora. Por fin unha revista que rompe co discurso monoteista da prensa, co seu formato e cos seus contenidos. Pronto vai nacer Bostezo unha " publicación trimestral de reflexión sobre la cultura y la sociedad actuales que promete dar mucha guerra".
A idea e boa, e os comenzos non podían ser mellores, con paxina web e blog no que empezan a contarnos como se desenrola o seu proxecto. Entre o xornalismo e o deseño, a vangarda e o retro.

Xa me tarda o primeiro número de bostezo!

Via CuatroTipos

8.5.08

Todos somos Yoani



Yoani Sanchez é unha blogueira por necesidade. No seu pais, non pode berrar, nin queixarse, nin tan sequera sair del. Esta atrapada por un oceano de intransixencia e por un estado que quixo pero non pudo. Un estado que o único que garda de social e o seu nome.

Logo de darlle o premio Ortega y Gasset polo seu blog, os burrócratas concedenlle outro premio: o galardón destinado a aqueles que contan a verdade e ninguen é quen de desmentir. Os seus captores (sen sabelo) deronlle mais credibilidade e popularidade si cabe. Pero a culpa non é deles.

A culpa é de Yoani, que co seu estilo sincero pero sutil, morno e mordaz e coas súas verbas cheas de ilusión contanos a realidade que outros non poden contar. A mesma realidade que a nos xa non nos interesa porque a temos gañada.

Hoxe penso en Yoani e sintome afortunado de non ter que preocuparme polo tamaño do racionamento nin pola posibilidade de sair do pais. E tamén sinto envexa da valentía de Yoani.

Entrevista a Yoani Sanchez en Youtube

5.5.08

Arquitectura da información

Rematei o Curso de introducción webs eficaces con resultado satisfactorio. Os contidos foron moi extensos e tivemos a posibilidade de realizar un exercicio práctico escollendo un dos bloques temáticos. A miña idea inicial pasaba por escoller o modulo de deseño, e facer ese exercicio practico. Pero a medida que ia avanzando no temario, fun trocando de idea ata facer un traballo sobre arquitectura da información, descartando tamén o modulo de usabilidade.
Para entrar na definición da arquitectura da información, penso que é mais doado cun exemplo. Se unha paxina web fose unha pelicula, a arquitectura da información sería o guión. Un guión completo sobre os actores (contidos), como se colocan na escena (deseño) e como se desenrola a acción (usabilidade). Por iso me gusta, porque é o desenrolo da idea, e podese ver como toma forma.

Cando rematei o traballo, dinme conta que eu xa fixera algo diso para outros proxectos, ainda que descoñecía o nome. Definir as ideas e plasmalas en papel e moi util tamén en outros campos fora da web.

2.5.08

Ser muller nun mundo de homes

Hoxe entendina. Ela é unha muller nun mundo de tratantes de gando, dúas características dificilmente compatibles. Sempre a vía xurando, releando ata o último céntimo e poñendose perdida de bosta sen impotarlle nada. Malfalada, maleducada e malencarada, tiñaas todas.

Pero hoxe volteina topar, coa súa filla e fora da feira. E xa non era ela. Tiña sorriso. Pedía por favor, e daba as gracias sen decir un taco. Foi alí cando me decatei do duro que ten que ser ser muller nun mundo de homes. Do importante que é ter unha coraza na que se esconder para levar o día a día.

E tamén me din conta do que cambian as persoas dependendo das situacions cambia como o día e a noite.