24.6.08

Texturas gratis para traballos artísticos

Logo de andar fedellando coas fotos, topome cunha chea de paxinas que ofertan texturas de libre distribución para combinalas coas imaxes con resultado dispar. Ainda non sei o truco para facelo, cando o descubra direivolo. Namentres botadelle un ollo a estes sitios con texturas de balde

E por si non tedes bastante, unha selección de 92 fotografías creativas para todolos gustos.

17.6.08

Imitando a Jacob Carter


Encantame o traballo de Jacob Carter, outro punto de vista grazas ás texturas sobre paisaxes que evocan as sensacions que producen. E como o meu atrevemento e tan grande coma a miña cabeza, ando tentando facelo mesmo con paisaxes mais urbanas, ainda que de momento o resultado non e todo o desexado. Seguirei "texturizando"...

Vía Codigo Cero
Foto: Barrio Europeo, Bruselas

14.6.08

Gustanme

  • As fotografias orixinais
  • Os domingos pola mañan
  • As comidas con piña no vran
  • Fender "1958 Tele Relic" Custom Shop
  • Os sorrisos
  • Os ensaios científicos
  • Os paises baixos
  • Django Reindhart e George Orwell
  • As longas rectas da meseta
  • Os peixes
  • Chegar á casa antes das 7 da tarde
  • Sair da casa despois das 10 da mañan
  • Os robots

11.6.08

As dez de Seve




Xa me esquecera que fai un tempo, contestei a proposta de Sono-Tone (a revista galega da musica) as miñas dez cancions favoritas. Unha lista coma outra calquera.

Si queren coñecer a causa da miña esquizofrenia, ou alo menos unha das súas consecuencias, aquí están as dez de Seve.

5.6.08

Tres fontes de enerxía que NON salvarán o noso planeta

Parece que co encarecemento do prezo do petroleo, a opinión pública está mais sensibilizada e sobre todo mais predisposta a pensar en outras fontes de enerxía, ainda que a información que circula e unha mixtura de cotilleo, esperanza e divulgación científica. Por eso ocorreuseme escribir sobre tres das fontes de enerxía nas que a xente deposita a súa esperanza de acabar coa dependencia do petroleo, pero que nunca poderán ser a solución (ainda que si poidan reducir ou diminuir o problema).

  • Enerxía mareomotriz: da enerxía que se obtén da forza das mareas falase que e limpa e renovable. Pode ser certo, ainda que no mundo non existen mais de vinte lugares onde instalar centrais deste tipo, e ainda que estas factorías destrozan literalmente a paisaxe e o ecosistema onde se colocan. É o caso da central de Rance en Francia, onde se destrozou o estuario do mesmo nome para producir enerxía. Veredicto : INSUFICIENTE

  • Enerxía da biomasa: existen moitas centrais pequenas espalladas polo mundo, o exemplo mais cercano e a planta de Nostián, creada polo concello da Coruña pra xestionar os residuos orgánicos. De todos son coñecidos os problemas particulares desta planta, ós que habería que engadir a emisión de gases de efecto invernadoiro de esta tecnoloxía (producen metano que ó queimar produce dioxido de carbono). Ademais, debemos pensar nunha estratexia de Reducción, Reutilización e Reciclaxe nos residuos, non nunha valorización enerxética dos mesmos. Veredicto: POUCO EFICAZ e EMITE GASES

  • Enerxía eólica: é moi limpa e de escaso impacto atmosférico ainda que de gran impacto paisaxistico. O seu principal problema e a irregularidade: non sabemos o que pode producir, e pode ter baixadas importantes que deben ser aocmpañadas de picos nas térmicas. E un complemento pero non poderiamos subsistir con ela. Veredicto : IRREGULAR
E así vemos, que cada vez nos quedan menos solucións únicas para acabar co problema das enerxías, e cada vez teño mais claro que a solución (si é que existes) será mixta.

4.6.08

Galego e empresas

Martin Varsavsky, empresario, emprendedor e blogueiro argentino español explica hoxe no seu blog as razóns polas que o seu novo proxecto Fon non está traducido ó resto das linguas do estado español. Basicamente, expon :

  • Que o coste de desenrolo dunha lingua sobrepasa os 100.000 euros (WTF!)
  • Que como non ten cartos para as traduccións, vai publicar uns wiki para que os usuarios traduzcan para a súa empresa.
Eu penso que ten bastante morro. Está pedindo servicios que él valora en 100.000 euros (non sei si tomalo a coña ou meterme traductor) para logo sacar rendabilidade económica. A medio camiño entre o movemento social e o parasitismo empresarial...

O señor Varsavsky bota as súas contas atendendo ó número de clientes potenciales, sen tomar nota da fidelidade dos mesmos, da presenza e de outros factores que no son facilmente mesurables.

A empresa galega R (nunha situación moi distinta, por suposto) ven de anunciar a saída do seu servizo de mobiles cunha novidade respecto da competencia: a lingua galega nos terminales Nokia. Dous puntos de vista para a mesma idea.