23.4.08

Mais lecturas e menos días.

Sempre que ven alguen novo á miña casa vivo a mesma situación incomoda. Na estantería do meu salón, conviven libros de deseño, grafismo, arquitectura, fotografía con comics e algun que outro libro de ciencia. Todos libros gráficos, e dicir con apenas nada que leer. Os meus artistas de comic favoritos (Thomas Ott, Charles Burns) conviven con libros de pintura (Van Ghogh, Matisse,...) e outros de grafikismo e demais.

Os meus novos visitantes paranse ante a estanteria de libros coloridos, e escollen un en busca de textos, apenas inexistentes para logo botar un ollo entre as paxinas e preguntarme con cara de asombro...

¿E ti que les aquí?





Teño que recoñecer que non me gusta nada que me pregunten eso, pero cheo de paciencia adoito responder que están de adorno, que mos regalaron ou que simplemente non sei ler. Asi que xa sabes, si ves á miña casa e ves todos esos libros, mellor non preguntes :)

Hoxe, o día do libro, e un momento coma calquer outro pra reflexionar sobre a lectura. As mais típicas, as menos, as mais fantasiosas, as reais, as actuais. Todalas lecturas pagan a pena.

Cando me mergullo entre as paxinas dun libro, cando non son eu se non outra persoa, cando descubro o asesino sintome realmente poderoso. E todos queremos ser poderosos, ¿non si?

Karl Bloosfeldt


Dipsacus fullonum
Karl Bloosfeldt

Karl Bloosfeldt foi mais botánico ca fotografo, pero as súas fotografías mais alá da didáctica científica amósanos un universo de formas, fractais e texturas. Toda unha mostra de arquitectura vexetal , de pequenos detalles que magnifica ata poder aprecialos con claridade. O seu traballo abriulle os ollos a outros artistas, arquitectos e deseñadores tanto que pasou parte da sua vida ensinando a dibuxar elementos vexetais simétricos para decorar pilares portas, mobles...

E a precios populares!

15.4.08

Os bos contidos

Ando algo liado co curso introductorio ó deseño de webs eficaces, que consta de tres partes:

  • Deseño
  • Usabilidade
  • Arquitectura da información

Un temario completiño, que coincide nunha mesma idea:

!Os contidos son o mais importante!

Eu dende logo, non é a impresión que levo navigando pola maior parte dos blogs. E tampouco pola maior parte dos xornais. Nin das televisions.

Hoxe, cando pra vender un xornal regalanche un tupper, ou cando unha boa parte das paxinas están redactadas unhas a partires das outras (xa sexa automaticamente ou manual con corta e pega) non sei si son eu o que non me entero, ou si a realidade supera á ficción.

9.4.08

Apple e os estúpidos

La paradoja de Mac en general es que parece una computación diseñada a prueba de estúpidos curiosamente usada en general por la gente menos estúpida.

Martin Varsavsky
Emprendedor e menos estúpido



1.4.08

A miña propia historia de Internet

Estou empezando un pequeno curso introductorio ó deseño de webs eficaces, que non me ven mal para aprender un pouco de usabilidade e arquitectura da información, e que conta con alguns profesores de categoría como poden ser Inma Bermejo ou Juan Carlos Gomez.

O caso e que o primeiro bloque está adicado a HTML, e traeme á cabeza recordos moi bos de cando coñecin internet fai uns 11 anos. Lembro o primeiro locutorio de internet en Compostela (daquelas no habia ADSL, RDSI nin Infovia nin rabos de gaitas) e como alí aprendin da man de Santi alguns dos conceptos mais abraiantes deste mundo telemático: a posibilidade de conectarme con ordenadores de todo o mundo e consultar a súa información. A maneira de ensinarme foi estupenda, xa que aprendin as bases de como funcionaba o tinglado este... a nivel de servidores, de clientes, de enrutadores, etc o que ainda me serve hoxe en día. Esto aumentou a miña curiosidade e permiteme ter unha base para comprender teconoloxías actuais que por aquel momento nin tan sequera existían (ainda non se creara o navigador netscape!).

E agora, logo de once anos, doume conta que o HTML non cambiou (case) nadiña e que xa pode ser o momento dalgun tipo de revolución verdadeira nesto da grande rede...