30.8.08

Vendese Illa: Montaña clara

A illa de montaña Clara está situada ó Norte de Lanzarote dentro do Parque Natural do Arquipelago Chinijo ainda que está en mans privadas. E agora pretendena vender por 9 millons de euros.

O despitado que a merque, que sepa que tense que someter ó deslinde de costas no que probablemente perda o 55% do territorio de 2,7 Kilómetros cadrados, e que probablemente o restante sexa expropiado ou adquirido polo estado dentro do seu programa de adquisición de espazos naturais.

E digo eu... ¿non habería outra solución para esta illa?

O conservacionismo privado e unha opción descoñecida no estado español, que trata de que institucions privadas (mais estables a cambios políticos e mais incorruptibles) se fagan cargo de espazos naturais para a súa conservación por medio de axudas ou con fondos propios. E unha gran alternativa para espazos que coma este, están en mans privadas.

6.8.08

Comercio electrónico I : ¿Qué vender?

Polo xeral, primeiro está o producto e logo están as súas canles de venda (venta física ou por internet) ainda que neste caso vamos plantexar as cualidades que debe ter un producto para que a súa venta sexa exitosa por internet:
I)Segmento de mercado adecuado: esto debe ser o principal. Non creo que sexa moi rendible vender dentaduras postizas por internet. O target do noso producto debese topar ben representado na rede. En xeral de 18 a 50 anos.

II)Tamaño e volume adecuados: ainda que non existe nada imposible, os portes e a loxística debense ter en conta. Mellor productos pequenos e caros.

III)Competencia no sector.

Atendendo ó tipo de productos que queremos vender podemos seguir dúas estratexias :

A) Productos "raros": productos dificiles de topar, de consumo restrinxido ou minoritario seguindo as directrices da "teoría da cola larga". Superespecialización
B) Productos de consumo ordinario: dirixidos a un público mais xeral, debense dobras os esforzos comerciais (prezo e servizo) e de marketing.

E por suposto, todo o dito queda invalido no caso de ter unha gran vantaxe competitiva xa sexa comercial, loxística ou técnica... ainda que cada día e mais dificil innovar, nunca é imposible.

Algúns recursos:

Una tienda online sigue siendo una tienda
Enquisa sobre comercio electrónico na empresa
15 reglas básicas para vender en internet

1.8.08

Non vou de vacacions

NonvoudevacacionsNonvoudevacacionsNonvoudevacacionsNonvoudevacacions
NonvoudevacacionsNonvoudevacacionsNonvoudevacacionsNonvoudevacacions
NonvoudevacacionsNonvoudevacacionsNonvoudevacacionsNonvouNonvouNon
NonvoudevacacionsNonvoudevacacionsNonvoudevacacions




¿Queda claro?