Buceando no traballo de Eric Tabuchi vexo algo mais aló do alfabeto en camións. Os seus traballos sobre a vida cotiá, a metade de camiño entre o fotoperiodismo e o constructivimo sovietico, paranse en detalles que amosan a intervención humana e as súas consecuencias, con certo toque de inocencia e de sutileza. As alteracións visuais limitanse á ordenación e presentación dos fotogramas, sen intervir na maior parte das esceas, amosandose como simple espectador dunha realidade cambiante.
Os seus traballos sobre construccións, pequenos edificios ou monumentos (unha montaña de lixo por exemplo) son tremedamente estáticos e impersoais ensinando unha visión paciente e sinxela, non moi propia desta época. O meu preferido é a súa colección de 26 gasolineiras abandoadas que como di o autor "son as ruinas dunha road movie imposible"
Non é o fotografo mais técnico do mundo, nin o mais rechamante, pero Eric Tabuchi pode ver mais alá.
Fotografias de Eric Tabuchi
Visto en Microsiervos
19.9.08
O mundo según Eric Tabuchi
Etiquetas:
curiosidades,
grafikismo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario