26.2.08

Como me mola Público


Nunca fun moi aficionado ós xornais, en parte por falta de tempo e en parte por falta de interese. O do tempo, ainda non o arranxei, pero o diario Público meteme ganas case todolos días de leer o xornal.

Público e un diario do xigante emerxente Mediapro. dirixido por un blogueiro curtido en mil batallas : Nacho Escolar, fillo de Arsenio Escolar director de 20 minutos. A linea editorial e bastante sociata, todo hai que dicilo, pero existen moitas razons polas que me gusta :

Estas características alongan a súa vida útil dunha maneira insospeitada. Podes coller o de uns días atras e seguir lendo sen que pareza atrasado. Ten moito contido fora da actualidade. A medio camiño entre o xornal e a revista. Recomendado os venres co regalo de DVD. Público aumenta a curiosidade.

25.2.08

Manuel Campo Vidal, rei de España

Vexo ó xornalista Manuel Campo Vidal en 4 de 7 canles de televisión, xa parece o rei despaña dando o discurso de Nadal. ¿E fai falta tanta carallada pra un debate de dúas persoas?.

E digo eu, ¿porque a galega vense as cores con menor saturación? adoita pasar nas retransmisions multicanle...

20.2.08

Pensa global, actúa local

"Think global, act local" foi o lema das manifestacións antiglobalizacions que se celebraron en Seattle no ano 1999, unhas das mais duras que eu recordo. Pero non imos falar de globalización polo momento, senon de blogues (como de costume).

A rede, os foros, os blogues, as comunidades, e todos esos servicios web 2.0 que xurden cada día coma o pan de sapo nun outono (normal) galego acurtan as distancias entre persoas. A xente xa non se agrupa polo lugar onde vive, xuntámonos segundo intereses comuns, proximidade ideolóxica ou mesmo afinidade persoal salvado as barreiras xeográficas. As distancias na rede midense en clicks e non kilómetros nin horas de viaxe. Polo menos, esta a tendencia.

(Nunca sospeitei algo parecido de neno, cando o trafico de TDK´s, o prestamo de libros ou o disfrute de peliculas dependía da magnitude do teu pobo e Correos era o único enlace válido co exterior. Agora penso, que estabamos nunha situación cultural semellante á economía cubana: aproveitando o pouco que podía chegar a unha vila pequena e maltratando os soportes con miles de copias, lecturas ou pases. Ainda hoxe, resultame abraiante).

Por outra banda estan os nosos veciños, porta con porta, dos que nos separan unhas distancias moi curtas e dos que a moitas veces non sabemos nada. A rutina mantennos inmersos no noso universo e o contacto limitase a unha típica conversación de ascensor, a pesares de que compartimos moitas cousas: vivimos na mesma vila, na mesma provincia, a mesma antena de televisión, e de ahí para arriba, podemos ser do mesmo grupo de idade, votar ó mesmo partido, etc.

¿Pode ser que os blogues estén pouco aproveitados no eido local?. Ainda que compartimos moitas cousas, non nos comunicamos en xeral, e os blogues non se usan para iso ainda que poderían tener moitas e moi interesantes aplicacións:

  • Comunicades de veciños, asociacións veciñais, centros sociais e plataformas reinvidicativas poderían usar internet para facer chegar as súas inquedanzas ou organizarse internamente. O movemento veciñal pode ter a capacidade comunicativa dun gabinete de prensa nas súas mans.

  • Grupos de amigos, pandillas, tribus, peñas, xuntanzas, colegas, etc. Os que adoitan a reunirse por algunha razón, para coordinarse e comentar as xogadas.

  • Agrupacións políticas locais, medios locais de comunicación, institucions públicas

Seguro que se mes escapan moitos, pero penso que todos estos grupos pdoerían sacar partido dun bloguee. Seguirei cavilando nisto.

15.2.08

Blogastronomos que leo

Somos unha potenzia

Como un slogan electoral, coma un soplo de aire que nos eche o peito esta era o nome dun programa da telegaita e mais dunha campaña pseudoinstitucional que pretende fomentala autoestima nacional. Non serei eu quen discuta a conveniencia e veracidade desta frase mais existe un eido no que realmente estamos nun nivel sobresainte : a blogosfera gastronomica.

Os blogastronomos galegos proliferan e lideran as iniciativas de difusión da cociña por medio de blogues. Cabe destacar dous feitos:

Parece abraiante o poder de convocatoría e a influencia que teñen estes blogues que falan de viños, de restaurantes, de pratos, de produtos e cada vez mais de consumo (unha derivación importante e que xa meteu nalgún susto ós responsables de marketing)pero unha das razons para o seu éxito e que falan dende o disfrute, entusiasmo e curiosidade que lle produce a súa aficción. Secadra tamén ten que ver , sendo un perfecto caldo de cultivo para o fomento da gastronomía en xeral. E secadra producense sinerxias nas dúas direccións.

O caso e que ainda que non teñamos equipa de futbol nos mundiais, si que podemos presumir de ser unha potenzia no gusto pola comida. Era visto.





De cañas cos blogastrónomos. Podese ver en A nosa Terra.

12.2.08

Proxecto UNO

Pois xa ando a voltas cun novo proxecto. De momento ando rastrexando sobre televisión e internet (posiblemente as dúas canles de comunicación mais influintes)e topome con varios grupos de resultados

  • Software que permite ver contidos de televisión no ordenador xa sexa de canles xeralistas (coma zattoo) ou contidos mais específicos (joost e miro). Son contidos transmitidos pola rede.

Pero parece que no vello continente a television e internet non acaban de facer boa parella. Pode ser porque a televisión e un medio pasivo e internet posibilita maior interactividade a cambio de maior intervención do usuario. A velocidade de conexión tampouco garante fluidez nin permite unha calidade moi alá.

Habera que seguir investigando sobre o tema...

Eu son curioso

A curiosidade é unha desas cousas que nos recorda cando eramos nenos e descubriamos en cada recuncho unha novidade. Hoxe, permitenos rebuscar un pouco mais e revivir esas sensacións infantís ademais de aprender cousas novas. E diso se trata este blog, de aprender e remexer. De facer e desfacer. E de moito devanar nos miolos, porque disque un non pode estar parado.

Falaremos de tecnoloxía, de como conseguila e aproveitala, de curiosidades e proxectos, de ideas e visibles e de calquera outra cousa que quedara por falar, sempre dende preto. Porque estou seguro que entre todos poderemos chegar mais aló, porque eu non sei, mais quero aprender.