16.6.09

#iranelection

Mentres os medios habituais contan a verdade oficial, o pobo iraní amosa a súa cruda realidade a traves de twitter. Contan como o presidente electo Hossein Musavi foi avisado por telefono para que escribira o discurso da victoria e como á mañan seguinte o resultado das eleccións cambiara para perpetuar Ahmadinejad no poder. Unha conspiración posiblemente apoiada dende fora, comentan que hai forzas libanesas, e que o presidente iraní viaxou a Moscú nestes días de axitación. Pechan universidades, censuran internet e sacan os tanques á rúa.

Tamén contan como o pobo se levanta, como a policía non quere pelexar contra os seus (e probablemente as forzas sexan de paises veciños ou paramilitares) e vense imaxes de dor e morte nas rúas. Veremos en que da esta revolución popular.

Toda unha tristura en directo de tu a tu.

No hay comentarios: