31.10.08

Adeus Tempelhof : os últimos de Berlin.

Construido nos primeiros anos 30, o aeroporto de Tempelhof en Berlin é o segundo aeroporto mais antigo do mundo en funcionamento, pero por pouco tempo xa que pechará as súas portas esta mesma noite logo de case oitenta anos de servizo. O edificio aturou de todo na súa longa vida, dende os bombardeos aliados na segunda guerra mundial, a ponte aerea que mantivo abastecido ós mesmos alemans, crisis de todolos tipos, etc pero non foi quen de aguantar o clamor popular de querer pechar o aeroporto, e fai uns meses e logo dun referendo popular decidiron botarlle o peche.


View Larger Map

O proxecto inicial do aeroporto de Tempelhof era unha monstruosidade, coma case todos os que propoñia a alemania nazi daquel enton. Un gran aerodromo para pasaxeiros, unha sede para a recen creada Luftwaffe e un gran espazo para as súas paradas aereas. Pero este proxecto veuse troncado coa chegada da guerra, e o aeroporto quedou convertido nun centro aereo para a guerra, onde se ensamblaban os famosos stukas e como aerodromo principal da capital do imperio xermano. Foi logo, durante o bloqueo soviético de Berlín, cando pasou á historia o converterse na salvación dos ianquis e servir como ponte aereo para levar suministros a Berlin durante mais dun ano.

Pasear pola Avenida Columbiadam mentres se escoitan os antigos avions saindo de Tempelhof e unha desas cousas que recordan o pasado aterrador desta cidade. Unha das poucas cousas que quedaban dun pasado que Berlín prefire olvidar (agás alguns nostálxicos e oportunistas que pretenden aproveitar o filón do turismo).

Berlín xa non será o mesmo sen Tempelhof.

No hay comentarios: