Parece que co encarecemento do prezo do petroleo, a opinión pública está mais sensibilizada e sobre todo mais predisposta a pensar en outras fontes de enerxía, ainda que a información que circula e unha mixtura de cotilleo, esperanza e divulgación científica. Por eso ocorreuseme escribir sobre tres das fontes de enerxía nas que a xente deposita a súa esperanza de acabar coa dependencia do petroleo, pero que nunca poderán ser a solución (ainda que si poidan reducir ou diminuir o problema).
- Enerxía mareomotriz: da enerxía que se obtén da forza das mareas falase que e limpa e renovable. Pode ser certo, ainda que no mundo non existen mais de vinte lugares onde instalar centrais deste tipo, e ainda que estas factorías destrozan literalmente a paisaxe e o ecosistema onde se colocan. É o caso da central de Rance en Francia, onde se destrozou o estuario do mesmo nome para producir enerxía. Veredicto : INSUFICIENTE
- Enerxía da biomasa: existen moitas centrais pequenas espalladas polo mundo, o exemplo mais cercano e a planta de Nostián, creada polo concello da Coruña pra xestionar os residuos orgánicos. De todos son coñecidos os problemas particulares desta planta, ós que habería que engadir a emisión de gases de efecto invernadoiro de esta tecnoloxía (producen metano que ó queimar produce dioxido de carbono). Ademais, debemos pensar nunha estratexia de Reducción, Reutilización e Reciclaxe nos residuos, non nunha valorización enerxética dos mesmos. Veredicto: POUCO EFICAZ e EMITE GASES
- Enerxía eólica: é moi limpa e de escaso impacto atmosférico ainda que de gran impacto paisaxistico. O seu principal problema e a irregularidade: non sabemos o que pode producir, e pode ter baixadas importantes que deben ser aocmpañadas de picos nas térmicas. E un complemento pero non poderiamos subsistir con ela. Veredicto : IRREGULAR
No hay comentarios:
Publicar un comentario