15.2.08

Somos unha potenzia

Como un slogan electoral, coma un soplo de aire que nos eche o peito esta era o nome dun programa da telegaita e mais dunha campaña pseudoinstitucional que pretende fomentala autoestima nacional. Non serei eu quen discuta a conveniencia e veracidade desta frase mais existe un eido no que realmente estamos nun nivel sobresainte : a blogosfera gastronomica.

Os blogastronomos galegos proliferan e lideran as iniciativas de difusión da cociña por medio de blogues. Cabe destacar dous feitos:

Parece abraiante o poder de convocatoría e a influencia que teñen estes blogues que falan de viños, de restaurantes, de pratos, de produtos e cada vez mais de consumo (unha derivación importante e que xa meteu nalgún susto ós responsables de marketing)pero unha das razons para o seu éxito e que falan dende o disfrute, entusiasmo e curiosidade que lle produce a súa aficción. Secadra tamén ten que ver , sendo un perfecto caldo de cultivo para o fomento da gastronomía en xeral. E secadra producense sinerxias nas dúas direccións.

O caso e que ainda que non teñamos equipa de futbol nos mundiais, si que podemos presumir de ser unha potenzia no gusto pola comida. Era visto.





De cañas cos blogastrónomos. Podese ver en A nosa Terra.

No hay comentarios: