12.2.08

Eu son curioso

A curiosidade é unha desas cousas que nos recorda cando eramos nenos e descubriamos en cada recuncho unha novidade. Hoxe, permitenos rebuscar un pouco mais e revivir esas sensacións infantís ademais de aprender cousas novas. E diso se trata este blog, de aprender e remexer. De facer e desfacer. E de moito devanar nos miolos, porque disque un non pode estar parado.

Falaremos de tecnoloxía, de como conseguila e aproveitala, de curiosidades e proxectos, de ideas e visibles e de calquera outra cousa que quedara por falar, sempre dende preto. Porque estou seguro que entre todos poderemos chegar mais aló, porque eu non sei, mais quero aprender.

No hay comentarios: