26.2.09

O gran circo galego

"Hai unha desvergonza total na mediocridade bloqueira que dirixe actualmente o partido, i é que como se percibe nas declaracións de Quintana, a visión parcial da realidade que orixina o crer que o nacionalismo é a solución total de toda índole de problemas, ergo o Bloque como único representante da tendencia é o salvador final do destino de Galiza, causa en definitiva a omisión inconsciente de todo erro gubernamental. Se ben moito peor sería a omisión consciente, tamén ben certo é que de xente máis sagaz sería iso indicativo."


Engadiría que ningún fundamentalismo é bo e un pouco de sentido crítico vennos ben a todos. Parece que nos tempos de hoxe criticar ó Bloque significa ser fraguista ou pepero (¿?) e estar metido na conspiración PP-LaCoz-Sionistas-Españolistas. O pensamento único, tan típico da dereita como util na esquerda apropiase agora do recuncho nacionalista.

Eu non teño claro a quen votar e si o vou facer. Semprei pensei que a democracia e unha farsa, un engano que reduce a dúas ou tres as posibles solucións a un conflicto. Duas ou tres solucións e sempre os mesmos beneficiados.

E si leiches ata aqui e estas buscando unha resposta ou esperando que diga algunha palabra maldita, sinto decirche que non, non teño a túa resposta. E por suposto, non direi a palabra maldita.

Foto: O gran circo Galego

No hay comentarios: