8.1.09

I hate... formularios de contacto

Pois unha nova entrada cunha nova categoría adicada a cousas tanxibles ou conecptos que me dan repelús... non digamos que é odio porque é unha palabra moi fea, pero si que me repatean!


E o gran honor de empezar vai por o formulario de contacto. Si, ese enlace tan moderno que nos leva a unha paxina cuns campos en branco que debemos cubrir para enviarlle un correo electrónico ó destinatario. Un simple correo electrónico.

E non digo que non debe haber algún caso concreto no que teñan bo uso os formularios... respostas masivas, enquisas personalizadas a traves de paxinas de aterraxe (landing pages), en definitiva calquer proceso que se dirixa á obtención dunha información por parte de un grupo de usuarios determinado. Pero de ahí a poñelo como contacto xeral...As contras do formularios de contacto son:

  • Inespecificidade :¿o mesmo formulario para un cliente potencial que para unha demanda de traballo?. A uns quedaralle grande, a outros pequeno e para ningñun será o axeitado.
  • Impersonalidade: ¿A quen me dirixo?. Non sabemos quen vai ler a mensaxe. Tampouco o lector ten certeza de quen o escribe. Pola miña experiencia perdense unha chea de datos, e ainda por riba non temos a certeza de telo enviado...Supoño que serán como imans para o spam pero eso non xustifica que haxa moito buzón de contacto abandoado...
  • Parece unha tontería pero ter que escribir o teu mail, e non poder gardar o do teu interlocutor é unha dobre incomodidade. Ademais de ser unha posible perda de clientes, de necesitar un segundo contacto (si no primeiro non che fai caso).
E agora chega o punto en que dubido en porque ninguen cuestiona os formularios de contacto e eu si. Teño lido documentación bastante ortodoxa sobre usabilidade na que alaban este tipo de paxinas.E casi todas as paxinas teñen algun formulario deste tipo. Algo haberá que eu non saiba...

O que si teño claro e que non me gustan os formularios de contacto, asi quue agora vou poñer en todolos que teña que encher :

MAIL ME! NO FORMS!

e o que queira... xa sabe onde estou :)

No hay comentarios: