12.1.09

Complementos indispensables para Twiteros novatos

Pois este fin de semana, decidinme crear unha conta en twitter e outra en flickr. A de flickr está pouco explotada, teño que poñerme a procesar unha morea de fotos, mais o twitter xa o usei abondo como podedes ver na barra lateral.

(Si non sabedes o que é twitter, ademais de preguntarvos onde vos metistes nos últimos dous anos, diriavos que é unha rede social na que se publican nano-post (maximo 130 caracteres) respondendo á pregunta Qué estas facendo agora... Parece unha chorrada pero a verdade é que engancha bastante!)

O que me parece un milagre e que teña tremenda cantidade de usuarios. Vale que é unha boa idea, pero eu vexolle carencias por todos lados:

  • As funcionalidades son escasas, ademais de postear e responder ós teus seguidores pouco mais... Algunhas das funcionalidades que mais se usan recurrindo a medios externos son a creación de URL pequenas e o aloxamento de fotos. Non entendo porque sendo tan necesarias non están implementadas polo servizo... será por cartos carallo! :) SOLUCIÓN: tinyurl.com e twitpic.com. ACTUALIZACIÓN: Acabome de enterar que abrevias as URL´s el soiño... e eu facendo a man (serei pailán!)
  • A paxina principal non recarga.Non sei si é debido a miña incompetencia ou si realmente tanto queren aforrar en ancho de banda. Si non recargas a man, non che aparecen os novos twitts. Ainda vai facer falta unha blackberry...SOLUCIÓN: tuiter.tk
  • Ata que topei o servizo Search twitter por casualidade, non sabía como buscar contidos. Na páxina principal e no perfil non aparece o enlace ás busquedas... ¿unha páxina sen busquedas?

Asi que temos un servicio innovador con mogollón de usuarios que parece non estar aproveitado xa que para usar as funcionalidades básicas, son necesarios 3 servicios externos e mais un interno que non é accesible... Cada vez entendo menos.

Plus!: na próxima reunión, debate, ou xuntanza na que colabore na organización, plantexarei usar algún tipo de twitter analógico . Non sei si aportará algo pero seguro que fai risa :)

Para saber mais
Preguntas derivadas del análisis de uso de twitter
Estudio de usuarios de twitter
Analisis de visitas desde twitter
Twitter, ¿microbloggin o realidad aumentada?

ACTUALIZACIÓN: para xeoposicionar os nosos twitts... Twitxr

2 comentarios:

Seve dijo...

Eso xa está inventado Sr. Real...
http://www.twitxr.com/
Por certo, cal é o teu twitter?

Anónimo dijo...

SEVE!!!
Déixate de trangalladas e pónteme a estudiar matemáticas agora mesmo!!
Será posible...
Por certo, que tal van os teus peixes telemáticos? Xa me podo facer con un?
Quesé.