30.8.08

Vendese Illa: Montaña clara

A illa de montaña Clara está situada ó Norte de Lanzarote dentro do Parque Natural do Arquipelago Chinijo ainda que está en mans privadas. E agora pretendena vender por 9 millons de euros.

O despitado que a merque, que sepa que tense que someter ó deslinde de costas no que probablemente perda o 55% do territorio de 2,7 Kilómetros cadrados, e que probablemente o restante sexa expropiado ou adquirido polo estado dentro do seu programa de adquisición de espazos naturais.

E digo eu... ¿non habería outra solución para esta illa?

O conservacionismo privado e unha opción descoñecida no estado español, que trata de que institucions privadas (mais estables a cambios políticos e mais incorruptibles) se fagan cargo de espazos naturais para a súa conservación por medio de axudas ou con fondos propios. E unha gran alternativa para espazos que coma este, están en mans privadas.

No hay comentarios: