1.4.08

A miña propia historia de Internet

Estou empezando un pequeno curso introductorio ó deseño de webs eficaces, que non me ven mal para aprender un pouco de usabilidade e arquitectura da información, e que conta con alguns profesores de categoría como poden ser Inma Bermejo ou Juan Carlos Gomez.

O caso e que o primeiro bloque está adicado a HTML, e traeme á cabeza recordos moi bos de cando coñecin internet fai uns 11 anos. Lembro o primeiro locutorio de internet en Compostela (daquelas no habia ADSL, RDSI nin Infovia nin rabos de gaitas) e como alí aprendin da man de Santi alguns dos conceptos mais abraiantes deste mundo telemático: a posibilidade de conectarme con ordenadores de todo o mundo e consultar a súa información. A maneira de ensinarme foi estupenda, xa que aprendin as bases de como funcionaba o tinglado este... a nivel de servidores, de clientes, de enrutadores, etc o que ainda me serve hoxe en día. Esto aumentou a miña curiosidade e permiteme ter unha base para comprender teconoloxías actuais que por aquel momento nin tan sequera existían (ainda non se creara o navigador netscape!).

E agora, logo de once anos, doume conta que o HTML non cambiou (case) nadiña e que xa pode ser o momento dalgun tipo de revolución verdadeira nesto da grande rede...

No hay comentarios: