Sempre que ven alguen novo á miña casa vivo a mesma situación incomoda. Na estantería do meu salón, conviven libros de deseño, grafismo, arquitectura, fotografía con comics e algun que outro libro de ciencia. Todos libros gráficos, e dicir con apenas nada que leer. Os meus artistas de comic favoritos (Thomas Ott, Charles Burns) conviven con libros de pintura (Van Ghogh, Matisse,...) e outros de grafikismo e demais.
Os meus novos visitantes paranse ante a estanteria de libros coloridos, e escollen un en busca de textos, apenas inexistentes para logo botar un ollo entre as paxinas e preguntarme con cara de asombro...
¿E ti que les aquí?
Teño que recoñecer que non me gusta nada que me pregunten eso, pero cheo de paciencia adoito responder que están de adorno, que mos regalaron ou que simplemente non sei ler. Asi que xa sabes, si ves á miña casa e ves todos esos libros, mellor non preguntes :)
Hoxe, o día do libro, e un momento coma calquer outro pra reflexionar sobre a lectura. As mais típicas, as menos, as mais fantasiosas, as reais, as actuais. Todalas lecturas pagan a pena.
Cando me mergullo entre as paxinas dun libro, cando non son eu se non outra persoa, cando descubro o asesino sintome realmente poderoso. E todos queremos ser poderosos, ¿non si?
No hay comentarios:
Publicar un comentario