Moita apariencia e o que hai...
Chamo a Supervisión y Control para pedir cita para a ITV, e preguntanme si quero ser atendido en galego ou castelán. Escollo galego, e todolos operadores ocupados. Volvo tentalo coa mesma sorte, e unha terceria vez mais do mesmo. PAra a cuarta vez ocorreseme pedir que me atendan en castelán e nuns intres pasanme cunha operadora.
E digo eu, ¿de verdade existen eses operadores que te atenden en galego, ou é todo unha pantomima? ¿De existir, que porcentaxe supoñen sobre o total de operadores?. A ver si vai ser que todo o mundo solicita que o atendan en galego... vai ser que non.
Para unha lingua falada polo menos por un 40% da poboación, ¿sería esixible un 40% dos operadores galegofalantes?
5.3.08
Moito paripé
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario