20.3.08

Ata sempre Mr Ballam

Tiven a oportunidade de ver a John Ballam cando era un cativo, hai uns vinte anos. Ainda que xa o vira pola tele, sorprendeume ver na plaza da miña vila o espectaculo dun home vestido de cowboy e facendo pasodobles tocando nunha porta. O seu repertorio estaba composto por pezas de folklore peninsular con versions de clásicos do Oeste, algo bastante orixinal por aquel enton (e ainda agora). Logo lembro uns anos despois unha serie (ou uns gags dentro dun programa) no que viaxaba en un sidecar xunto con Vladimir, o vampiro de Pontevedra. Do mais surrealista que saiu da telegaita.

Enterome polo blog de Andres Milleiro que o Gran Ballam pasou a mellor vida. Agora estará xunto cos seus idolos John Wayne asubiando sintonías de Morricone. Sempre nos quedarán os seus videos para recordalo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ata sempre!