Como un slogan electoral, coma un soplo de aire que nos eche o peito esta era o nome dun programa da telegaita e mais dunha campaña pseudoinstitucional que pretende fomentala autoestima nacional. Non serei eu quen discuta a conveniencia e veracidade desta frase mais existe un eido no que realmente estamos nun nivel sobresainte : a blogosfera gastronomica.
Os blogastronomos galegos proliferan e lideran as iniciativas de difusión da cociña por medio de blogues. Cabe destacar dous feitos:
- A creación de un código de boas prácticas chamado código cociña, ó que xa se sumaron 80 blogues da peninsula. A autoregulación existe, !e parece que furrula!
- A convocatoria dentro do Forum Gastronómico 08 que se celebrará en Santiago durante esta fin de semana, dun encontro de bloggers enogastrónomos que mete medo nas súas expectativas, e parece que vai mellorar o resultado doutros encontros parecidos celebrados en cidades moito mais grandes.
O caso e que ainda que non teñamos equipa de futbol nos mundiais, si que podemos presumir de ser unha potenzia no gusto pola comida. Era visto.
De cañas cos blogastrónomos. Podese ver en A nosa Terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario