
Buceando no traballo de Eric Tabuchi vexo algo mais aló do alfabeto en camións. Os seus traballos sobre a vida cotiá, a metade de camiño entre o fotoperiodismo e o constructivimo sovietico, paranse en detalles que amosan a intervención humana e as súas consecuencias, con certo toque de inocencia e de sutileza. As alteracións visuais limitanse á ordenación e presentación dos fotogramas, sen intervir na maior parte das esceas, amosandose como simple espectador dunha realidade cambiante.
Os seus traballos sobre construccións, pequenos edificios ou monumentos (unha montaña de lixo por exemplo) son tremedamente estáticos e impersoais ensinando unha visión paciente e sinxela, non moi propia desta época. O meu preferido é a súa colección de 26 gasolineiras abandoadas que como di o autor "son as ruinas dunha road movie imposible"
Non é o fotografo mais técnico do mundo, nin o mais rechamante, pero Eric Tabuchi pode ver mais alá.
Fotografias de Eric Tabuchi
Visto en Microsiervos
19.9.08
O mundo según Eric Tabuchi
24.6.08
Texturas gratis para traballos artísticos
Logo de andar fedellando coas fotos, topome cunha chea de paxinas que ofertan texturas de libre distribución para combinalas coas imaxes con resultado dispar. Ainda non sei o truco para facelo, cando o descubra direivolo. Namentres botadelle un ollo a estes sitios con texturas de balde
17.6.08
Imitando a Jacob Carter
Encantame o traballo de Jacob Carter, outro punto de vista grazas ás texturas sobre paisaxes que evocan as sensacions que producen. E como o meu atrevemento e tan grande coma a miña cabeza, ando tentando facelo mesmo con paisaxes mais urbanas, ainda que de momento o resultado non e todo o desexado. Seguirei "texturizando"...
Vía Codigo Cero
Foto: Barrio Europeo, Bruselas
12.6.08
Para seguir aprendendo
- Estupendo artigo no blog de tipografias "Letritas" sobre a elección dunha fonte.
- Documentalista enredado fala sobre os documentalistas cientificos e os científicos documentalistas.
- "La diagramación en la arquitectura de la información" en nosolousabilidad.
16.5.08
Revista bostezo
.jpg)
Xa era hora. Por fin unha revista que rompe co discurso monoteista da prensa, co seu formato e cos seus contenidos. Pronto vai nacer Bostezo unha " publicación trimestral de reflexión sobre la cultura y la sociedad actuales que promete dar mucha guerra".
A idea e boa, e os comenzos non podían ser mellores, con paxina web e blog no que empezan a contarnos como se desenrola o seu proxecto. Entre o xornalismo e o deseño, a vangarda e o retro.
Xa me tarda o primeiro número de bostezo!
Via CuatroTipos
23.4.08
Karl Bloosfeldt
E a precios populares!


