Mostrando entradas con la etiqueta local. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta local. Mostrar todas las entradas

10.3.09

Local non é 127.0.0.1. Internet global nun mundo local.

Estamos a facer unha asociación cultural basada nun espazo. Somos poucos pero escollidos. Democracia asamblearia e moitas ganas de facer cousas.

Asi que tocoume revisitar as miñas ideas sobre internet local para esta asociación que non ten nome. Estamos plantexando crear unha rede social e un posible hacklab.A ver si existen posibilidades. Algunhas ideas:

  • As redes sociais poden fomentar a participación nas distintas actividades, así como incrementar a pluralidade e a voz de moitos membros
  • Amais de aumentar a visibilidade das accions como colectivo, pode servir como método de traballo interno
  • Un xeito de comunicar asociacións que xeograficamente estén alonxadas. Con internet, ¿quen dixo lonxe?
Estas poden ser só algunhas das vantaxes do uso de intenet no tecido asociacionista. O que está claro e que calqueira ferramenta que axude a desenvolver a participación da xente é positiva e entra dentro do noso colectivo. Pronto, mais e mellor.

29.5.08

Adega non se vende?

Incrible pero certo. Unha das asociacións ecoloxistas mais importantes do noso pais, desmarcase da concentración en contra de REGANOSA (pranta regasificadora que queren situra na ría de Ferrol), e convoca outra manifestación paralela contra as piscifactorias.

Eu xa veño pensando que as asociacions ecoloxistas nunca deben estar ao servizo de intereses políticos coma no caso de ADEGA. Non son profeta, e que era visto. Coa subida do Bloque ó poder son moitos os proxectos que conseguiu e moitos os seus integrantes que pasaron a engrosar as filas da Xunta.

Galiza non se vende.


Visto en Chuza!

20.2.08

Pensa global, actúa local

"Think global, act local" foi o lema das manifestacións antiglobalizacions que se celebraron en Seattle no ano 1999, unhas das mais duras que eu recordo. Pero non imos falar de globalización polo momento, senon de blogues (como de costume).

A rede, os foros, os blogues, as comunidades, e todos esos servicios web 2.0 que xurden cada día coma o pan de sapo nun outono (normal) galego acurtan as distancias entre persoas. A xente xa non se agrupa polo lugar onde vive, xuntámonos segundo intereses comuns, proximidade ideolóxica ou mesmo afinidade persoal salvado as barreiras xeográficas. As distancias na rede midense en clicks e non kilómetros nin horas de viaxe. Polo menos, esta a tendencia.

(Nunca sospeitei algo parecido de neno, cando o trafico de TDK´s, o prestamo de libros ou o disfrute de peliculas dependía da magnitude do teu pobo e Correos era o único enlace válido co exterior. Agora penso, que estabamos nunha situación cultural semellante á economía cubana: aproveitando o pouco que podía chegar a unha vila pequena e maltratando os soportes con miles de copias, lecturas ou pases. Ainda hoxe, resultame abraiante).

Por outra banda estan os nosos veciños, porta con porta, dos que nos separan unhas distancias moi curtas e dos que a moitas veces non sabemos nada. A rutina mantennos inmersos no noso universo e o contacto limitase a unha típica conversación de ascensor, a pesares de que compartimos moitas cousas: vivimos na mesma vila, na mesma provincia, a mesma antena de televisión, e de ahí para arriba, podemos ser do mesmo grupo de idade, votar ó mesmo partido, etc.

¿Pode ser que os blogues estén pouco aproveitados no eido local?. Ainda que compartimos moitas cousas, non nos comunicamos en xeral, e os blogues non se usan para iso ainda que poderían tener moitas e moi interesantes aplicacións:

  • Comunicades de veciños, asociacións veciñais, centros sociais e plataformas reinvidicativas poderían usar internet para facer chegar as súas inquedanzas ou organizarse internamente. O movemento veciñal pode ter a capacidade comunicativa dun gabinete de prensa nas súas mans.

  • Grupos de amigos, pandillas, tribus, peñas, xuntanzas, colegas, etc. Os que adoitan a reunirse por algunha razón, para coordinarse e comentar as xogadas.

  • Agrupacións políticas locais, medios locais de comunicación, institucions públicas

Seguro que se mes escapan moitos, pero penso que todos estos grupos pdoerían sacar partido dun bloguee. Seguirei cavilando nisto.