Mostrando entradas con la etiqueta twitter. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta twitter. Mostrar todas las entradas

16.6.09

#iranelection

Mentres os medios habituais contan a verdade oficial, o pobo iraní amosa a súa cruda realidade a traves de twitter. Contan como o presidente electo Hossein Musavi foi avisado por telefono para que escribira o discurso da victoria e como á mañan seguinte o resultado das eleccións cambiara para perpetuar Ahmadinejad no poder. Unha conspiración posiblemente apoiada dende fora, comentan que hai forzas libanesas, e que o presidente iraní viaxou a Moscú nestes días de axitación. Pechan universidades, censuran internet e sacan os tanques á rúa.

Tamén contan como o pobo se levanta, como a policía non quere pelexar contra os seus (e probablemente as forzas sexan de paises veciños ou paramilitares) e vense imaxes de dor e morte nas rúas. Veremos en que da esta revolución popular.

Toda unha tristura en directo de tu a tu.

23.1.09

Creación de contidos en twitter

Pois seguimos con twitter (a ilusión do recén chegado) dandolle voltas a como crear contido (ou polo menos visitas ó teu contido) dende esta plataforma. Pareceme que este tema esta infravalorado, en parte pola pouca importancia que lle da twitter as busquedas no seu sitio, que non aparecen moi visibles. Pero secadra a importancia dos contidos creados en twitter non está no seu propio buscador, si non no pai de todolos buscadores. San Google!. Teñome topado algún twitt moi ben posicionado en google.

De todolos xeitos, e moi complicado xerar algún tipo de contido en 140 caracteres que nos permiten, pero podemos tentalo polo menos con algunhas boas prácticas:

  • Menos verbos e mais sustantivos, a ser posibles propios: Supoño que e mais descriptivo escribir "Seve vai mercar Público que trae unha peli de Jhon Wayne" ca escribir "Seve vai mercar o xornal que trae unha peli".
  • Abreviaturas de enlace a man: en vez de deixar que as faga automaticamente twitter creando un enlace sin significado (http://tinyurl.com/c3ffgrdkke) facelas a man na paxina de tinyurl e aportando significado(http://tinyurl.com/Obamapresident)
Con estas duas ideas moi sinxelas, seguro que o noso twitter terá "mellor" presencia nos buscadores.

12.1.09

Complementos indispensables para Twiteros novatos

Pois este fin de semana, decidinme crear unha conta en twitter e outra en flickr. A de flickr está pouco explotada, teño que poñerme a procesar unha morea de fotos, mais o twitter xa o usei abondo como podedes ver na barra lateral.

(Si non sabedes o que é twitter, ademais de preguntarvos onde vos metistes nos últimos dous anos, diriavos que é unha rede social na que se publican nano-post (maximo 130 caracteres) respondendo á pregunta Qué estas facendo agora... Parece unha chorrada pero a verdade é que engancha bastante!)

O que me parece un milagre e que teña tremenda cantidade de usuarios. Vale que é unha boa idea, pero eu vexolle carencias por todos lados:

  • As funcionalidades son escasas, ademais de postear e responder ós teus seguidores pouco mais... Algunhas das funcionalidades que mais se usan recurrindo a medios externos son a creación de URL pequenas e o aloxamento de fotos. Non entendo porque sendo tan necesarias non están implementadas polo servizo... será por cartos carallo! :) SOLUCIÓN: tinyurl.com e twitpic.com. ACTUALIZACIÓN: Acabome de enterar que abrevias as URL´s el soiño... e eu facendo a man (serei pailán!)
  • A paxina principal non recarga.Non sei si é debido a miña incompetencia ou si realmente tanto queren aforrar en ancho de banda. Si non recargas a man, non che aparecen os novos twitts. Ainda vai facer falta unha blackberry...SOLUCIÓN: tuiter.tk
  • Ata que topei o servizo Search twitter por casualidade, non sabía como buscar contidos. Na páxina principal e no perfil non aparece o enlace ás busquedas... ¿unha páxina sen busquedas?

Asi que temos un servicio innovador con mogollón de usuarios que parece non estar aproveitado xa que para usar as funcionalidades básicas, son necesarios 3 servicios externos e mais un interno que non é accesible... Cada vez entendo menos.

Plus!: na próxima reunión, debate, ou xuntanza na que colabore na organización, plantexarei usar algún tipo de twitter analógico . Non sei si aportará algo pero seguro que fai risa :)

Para saber mais
Preguntas derivadas del análisis de uso de twitter
Estudio de usuarios de twitter
Analisis de visitas desde twitter
Twitter, ¿microbloggin o realidad aumentada?

ACTUALIZACIÓN: para xeoposicionar os nosos twitts... Twitxr