Pois xa ando a voltas cun novo proxecto. De momento ando rastrexando sobre televisión e internet (posiblemente as dúas canles de comunicación mais influintes)e topome con varios grupos de resultados
- Software que permite ver contidos de televisión no ordenador xa sexa de canles xeralistas (coma zattoo) ou contidos mais específicos (joost e miro). Son contidos transmitidos pola rede.
- Videoblogs e similares como Mobuzz.tv . Tamén Camara Oscura 2.0 un programa de La 2 que publica videos creados polos espectadores.
Pero parece que no vello continente a television e internet non acaban de facer boa parella. Pode ser porque a televisión e un medio pasivo e internet posibilita maior interactividade a cambio de maior intervención do usuario. A velocidade de conexión tampouco garante fluidez nin permite unha calidade moi alá.
Habera que seguir investigando sobre o tema...
No hay comentarios:
Publicar un comentario