Pois parece que tivo éxito o anuncio de Quintana, no que parodia os contos de Axterix e Obelix. O spot está ben feito, e resulta curioso ainda que ás veces non conven esquecer que os anuncios políticos deben vender programas e ideas coherentes en lugar de exaltar a figura (figurín diria eu) dunha persoaxe en concreto. Porque para vender fume, xa temos o resto da publicidade ¿non?.
Eu discrepo en varios aspectos:
- A calificación do estado español como imperio romano, e a do propio Anxo Quintana como salvador da terra non é mais ca unha caricatura do que d everdad ocorre. Habería que preguntarlle a Quin porque pacta cando lle peta coas hordas imperialistas. Este tipo de ideas e as do signo contrario, non fan mais que polarizala sociedade galega mais ainda.
- ¿Galiza non se vende?. Non, subastase!Por si fora pouco, usan a imaxe da Plataforma Galiza non se vende. Plataforma á que non pertence o Benegá nin ningunha das súas filiais (ADEGA, etc) por motivos políticos.
E xa postos a falar, falaremos da web. Cunha realización técnica impecable, a cargo dos
monstros galegos do 2.0 olvidase da discrepancia. Os únicos botóns que se ven son positivos, e para comentar hai que estar rexistrado, polo que supoño, desfilarán as tropas rebeldes do partido a facerlle a rosca ó seu lehendakari...
Nada de escoitar os cidadans, nin cabe posibilidade de amosarle o descontento con algunhas das políticas desenroladas.Por que o que importa non son as ideas, si non a imaxe. E xa postos ó circo, eu penso que lle quedaría moi ben un spot de circo romano: Touriño e Feijoo de leons, os galegos no foso e chega Quin e salvanos a todos da hecatombe. Moito mais vistoso e moito más efectivo!
ACTUALIZACIÓN: Pois estaba trabucado, non só se ve o meu comentario (e mais que non están moi de acordo co video) si non que me engaden nun directorio de novas sobre o BNG dende a Comisión Nacional da Sociedade de información do BNG.
BNG na rede