27.1.09

Canada existe

Neil Young é un artista canadiense afincando nos EUA coñecido ultimamente por andar facendolle a puñeta á Bush, pero que pasará á historia por ser dos cantantes mais recoñecidos no século pasado (e agora neste) con 48 referencias sonoras propias, ademais dos proxectos colectivos Buffalo Springfield e Crosby, Stills, Nash and Young. Un autentico crack que ten feito de todo, dende directos, musica para peliculas, ata documentales ou ficcións. Por escoller algunha peza entre tanto material recomendable, quedome co disco Ragged Glory (1977) e co film Greendale.

Nomeansno e unha banda de punk rock dende Vancouver, Canada. Formada polos irmans Wright no ano 79 a partir do slogan dunha campaña antiviolación, levan 12 discos ademais de incontables EP´s e outros proxectos paralelos. Son case trinta anos no underground, e hoxe con casi sesenta anos seguen co seu punk frenético-hipnótico xirando por todo o mundo. Poderiame quedar co "Small parts isolated and destroyed" (1988).

Trailer Park Boys
e unha serie de televisión canadiense que leva seis temporadas, emitida na península na canle dixital "Paramount Comedy" (e nos vosos P2P favoritos). A acción,rodada coma un falso documental, transcurre nun parque de caravanas onde se xunta o mellor de cada casa. Ademais de ser disparatada e explicita, e moi moi divertida.
Pois si tres das artistadas que mais sigo están feitas por canadienses, algo terá o segundo maior pais do mundo.

No hay comentarios: