Mentres os medios habituais contan a verdade oficial, o pobo iraní amosa a súa cruda realidade a traves de twitter. Contan como o presidente electo Hossein Musavi foi avisado por telefono para que escribira o discurso da victoria e como á mañan seguinte o resultado das eleccións cambiara para perpetuar Ahmadinejad no poder. Unha conspiración posiblemente apoiada dende fora, comentan que hai forzas libanesas, e que o presidente iraní viaxou a Moscú nestes días de axitación. Pechan universidades, censuran internet e sacan os tanques á rúa.
Tamén contan como o pobo se levanta, como a policía non quere pelexar contra os seus (e probablemente as forzas sexan de paises veciños ou paramilitares) e vense imaxes de dor e morte nas rúas. Veremos en que da esta revolución popular.
Toda unha tristura en directo de tu a tu.
16.6.09
#iranelection
29.4.09
Falsos mitos sobre a nova gripe. O valor dunha palabra.

Ten que vir un "bicho" dunhas micras de tamaño para facerme volver escribir no blog. E a cousa non é para menos. Os que traballamos no sector porcino, vemos o noso futuro cercano en perigo por culpa do afán sensacionalista dalgun xornalista. Hoxe saiu unha recomendación da Comisión europea que lle da un nome mais correcto á enfermidade: a nova gripe.
Estes dias tiven oportunidade de conversar con epidemiólogos, virólogos e algun que outro profesional moi cualificado e estas son algunhas das conclusións as que chegamos (para nada definitivas):
- A nova gripe non ten que ver co porco. A unica relación do porco coa nova gripe, é que se supón que alí se produciu o fenomeno de conxugación por cohabitación: duas cepas do mesmo virus deron lugar a unha cepa nova con capacidade infectiva : H1N1
- Non existen contaxios masivos animal-humano. Posiblemente existiron alguns casos iniciais de "inoculación forzada" e dende ahí a súa expansión debese a interaccións persoa-persoa. Non hai ningún perigo en convivir con porcos, nin en comelos.
- O nome correcto da enfermidade e "Nova Gripe" causado polo Influenzavirus tipo A H1N1, segundo recomenda a comisión europea.
- A problemática é distinta á da enfirmade causada por H5N1. O antigo virus, non se contaxiaba persoa persoa e era moito mais virulento.
1.4.09
La guerra ha terminado
Fai 70 anos, o xeneral Francisco Franco anunciaba o fin da guerra. Moitos estaban esperando con ansia que se rematara o conflicto. O que non sabían e que a represión ia continuar durante unha boa tempada.
10.3.09
Local non é 127.0.0.1. Internet global nun mundo local.
Estamos a facer unha asociación cultural basada nun espazo. Somos poucos pero escollidos. Democracia asamblearia e moitas ganas de facer cousas.
Asi que tocoume revisitar as miñas ideas sobre internet local para esta asociación que non ten nome. Estamos plantexando crear unha rede social e un posible hacklab.A ver si existen posibilidades. Algunhas ideas:
- As redes sociais poden fomentar a participación nas distintas actividades, así como incrementar a pluralidade e a voz de moitos membros
- Amais de aumentar a visibilidade das accions como colectivo, pode servir como método de traballo interno
- Un xeito de comunicar asociacións que xeograficamente estén alonxadas. Con internet, ¿quen dixo lonxe?
26.2.09
O gran circo galego
"Hai unha desvergonza total na mediocridade bloqueira que dirixe actualmente o partido, i é que como se percibe nas declaracións de Quintana, a visión parcial da realidade que orixina o crer que o nacionalismo é a solución total de toda índole de problemas, ergo o Bloque como único representante da tendencia é o salvador final do destino de Galiza, causa en definitiva a omisión inconsciente de todo erro gubernamental. Se ben moito peor sería a omisión consciente, tamén ben certo é que de xente máis sagaz sería iso indicativo."

Engadiría que ningún fundamentalismo é bo e un pouco de sentido crítico vennos ben a todos. Parece que nos tempos de hoxe criticar ó Bloque significa ser fraguista ou pepero (¿?) e estar metido na conspiración PP-LaCoz-Sionistas-Españolistas. O pensamento único, tan típico da dereita como util na esquerda apropiase agora do recuncho nacionalista.
Eu non teño claro a quen votar e si o vou facer. Semprei pensei que a democracia e unha farsa, un engano que reduce a dúas ou tres as posibles solucións a un conflicto. Duas ou tres solucións e sempre os mesmos beneficiados.
E si leiches ata aqui e estas buscando unha resposta ou esperando que diga algunha palabra maldita, sinto decirche que non, non teño a túa resposta. E por suposto, non direi a palabra maldita.
Foto: O gran circo Galego
19.2.09
Google analytics e as fontes de tráfico
Non entendo o enfado de algúns ó descubrir a forma na que Google Analytics contabiliza as fontes de tráfico . De todos era coñecido a sobreponderación que fai google con certos tipos de tráfico, e intuible cara a que lado estaba inclinado o sesgo. Ademais, estaba ampliamente documentado e citado en moitos posts sobre google analytics. Eu tamén penso que acaducidade da cookie en 6 meses e un pouco exaxerada, pero dino ben clariño, e unha "feature" e así debe ser considerada no analise dos datos.
Pero pola miña impresión, no mundo dixital a poucos lle importan este tipo de cousas namentres as cifras aparezan infladas coma binchas. Supoño que a quen vende aire, vapor ou fume convenlle mais notoriedade, ainda que sexa a costa da verdade.
As apariencias enganan... cada vez mais.
16.2.09
O conflicto palestino e Mahmoud Darwish
Gustoume descubrir a Mahmoud Darwish, poeta palestino que me recomendou Celsiño. Perdome nas súas palabras, tentando adiviñar parte do que nos quere contar, tentando descubrir unha cultura que me é totalmente allea. E decatandome de canto mundo descoñecido me queda por coñecer.
Topome coa mellor descripción do conflicto palestino que lera nunca. Visto por un dos afectados, pero cunha obxetividade que asombra. E sobre todo, cunha claridade que non lle viría mal a todolos políticos involucrados que poñen pegas para que Palestina e Israel convivan en paz.
Pienso: quizá sea un asesino, o quizá
uno que habrá pensado que yo soy un asesino.
Él tiene miedo, ¡y yo también!
Extraido do poema de Mahmou Darwish "Él está tranquilo"
12.2.09
A ética de Charles Darwin
Hoxe cumplense 200 anos do nacemento de Charles Darwin, científico responsable da Teoría da evolución, ou mellor dito de parte de ela.
Polo que sabemos, poucos poderían adiviñar que aquel rapaz de 22 anos que se embarcou no beagle para dar a volta ó mundo, sería un dos persoaxes amais influintes do milenio. As cronicas din que Darwin era un pouco patoso, inseguro e temeroso... un pouco pailán que diriamos hoxe en día. A miña teoría e que o seu mestre Henslow embarcouno para se desfacer de el, ainda que é posible que xa coñecera as habilidades observadoras de este mozo. Durante a viaxe, Darwin observou a especiación nas pequenas illas do Pacífico, e xunto con observacions xeolóxicas abrironlle os ollos.
Pero Darwin, non é só un home de ciencia. Darwin significa a ética, e a loita dun home pola verdade (independientemente das súas conviccións). É triste coñecer que a teoría que hoxe goberna a bioloxía estivo agachada na mente do seu creador durante mais de vinte anos, por medo a rexeitamentos relixiosos. Nin Darwin mesmo cría o que dicia, pero él sabía que era verdade e atormentabase pensando o daño que faría á súa esposa os seus descubrementos.
Esta foi a historia dun home superado pola ciencia, polo destino e sobre todo pola honestidade. Unha historia que nos parece lonxana nestes tempos de modernidade, pero que non queda desfasada ainda que hoxe non sería posible por dous aspectos: os valores da xente non son relixiosos (son económicos) e a ciencia establecida cada vez é mais heterodoxa e non da lugar a discusión.
Por sorte, a alguns desencantados coa ciencia quedannos as tertulias nos bares, nos foros especializados ou nos blogs para seguir dandonos conta de que ciencia non é só traballo e coñecemento, se non tamén imaxinación é ética.
29.1.09
punto que?
"Se dice, se siente, .Net no es competente"la monda lironda...
27.1.09
Canada existe
Neil Young é un artista canadiense afincando nos EUA coñecido ultimamente por andar facendolle a puñeta á Bush, pero que pasará á historia por ser dos cantantes mais recoñecidos no século pasado (e agora neste) con 48 referencias sonoras propias, ademais dos proxectos colectivos Buffalo Springfield e Crosby, Stills, Nash and Young. Un autentico crack que ten feito de todo, dende directos, musica para peliculas, ata documentales ou ficcións. Por escoller algunha peza entre tanto material recomendable, quedome co disco Ragged Glory (1977) e co film Greendale.
Nomeansno e unha banda de punk rock dende Vancouver, Canada. Formada polos irmans Wright no ano 79 a partir do slogan dunha campaña antiviolación, levan 12 discos ademais de incontables EP´s e outros proxectos paralelos. Son case trinta anos no underground, e hoxe con casi sesenta anos seguen co seu punk frenético-hipnótico xirando por todo o mundo. Poderiame quedar co "Small parts isolated and destroyed" (1988).
Trailer Park Boys e unha serie de televisión canadiense que leva seis temporadas, emitida na península na canle dixital "Paramount Comedy" (e nos vosos P2P favoritos). A acción,rodada coma un falso documental, transcurre nun parque de caravanas onde se xunta o mellor de cada casa. Ademais de ser disparatada e explicita, e moi moi divertida.
Pois si tres das artistadas que mais sigo están feitas por canadienses, algo terá o segundo maior pais do mundo.
23.1.09
Creación de contidos en twitter
Pois seguimos con twitter (a ilusión do recén chegado) dandolle voltas a como crear contido (ou polo menos visitas ó teu contido) dende esta plataforma. Pareceme que este tema esta infravalorado, en parte pola pouca importancia que lle da twitter as busquedas no seu sitio, que non aparecen moi visibles. Pero secadra a importancia dos contidos creados en twitter non está no seu propio buscador, si non no pai de todolos buscadores. San Google!. Teñome topado algún twitt moi ben posicionado en google.
De todolos xeitos, e moi complicado xerar algún tipo de contido en 140 caracteres que nos permiten, pero podemos tentalo polo menos con algunhas boas prácticas:
- Menos verbos e mais sustantivos, a ser posibles propios: Supoño que e mais descriptivo escribir "Seve vai mercar Público que trae unha peli de Jhon Wayne" ca escribir "Seve vai mercar o xornal que trae unha peli".
- Abreviaturas de enlace a man: en vez de deixar que as faga automaticamente twitter creando un enlace sin significado (http://tinyurl.com/c3ffgrdkke) facelas a man na paxina de tinyurl e aportando significado(http://tinyurl.com/Obamapresident)
19.1.09
Eu non son Anxo quintana
Pois parece que tivo éxito o anuncio de Quintana, no que parodia os contos de Axterix e Obelix. O spot está ben feito, e resulta curioso ainda que ás veces non conven esquecer que os anuncios políticos deben vender programas e ideas coherentes en lugar de exaltar a figura (figurín diria eu) dunha persoaxe en concreto. Porque para vender fume, xa temos o resto da publicidade ¿non?.
Eu discrepo en varios aspectos:
- A calificación do estado español como imperio romano, e a do propio Anxo Quintana como salvador da terra non é mais ca unha caricatura do que d everdad ocorre. Habería que preguntarlle a Quin porque pacta cando lle peta coas hordas imperialistas. Este tipo de ideas e as do signo contrario, non fan mais que polarizala sociedade galega mais ainda.
- ¿Galiza non se vende?. Non, subastase!Por si fora pouco, usan a imaxe da Plataforma Galiza non se vende. Plataforma á que non pertence o Benegá nin ningunha das súas filiais (ADEGA, etc) por motivos políticos.
Por que o que importa non son as ideas, si non a imaxe. E xa postos ó circo, eu penso que lle quedaría moi ben un spot de circo romano: Touriño e Feijoo de leons, os galegos no foso e chega Quin e salvanos a todos da hecatombe. Moito mais vistoso e moito más efectivo!
ACTUALIZACIÓN: Pois estaba trabucado, non só se ve o meu comentario (e mais que non están moi de acordo co video) si non que me engaden nun directorio de novas sobre o BNG dende a Comisión Nacional da Sociedade de información do BNG.
BNG na rede
12.1.09
Complementos indispensables para Twiteros novatos
Pois este fin de semana, decidinme crear unha conta en twitter e outra en flickr. A de flickr está pouco explotada, teño que poñerme a procesar unha morea de fotos, mais o twitter xa o usei abondo como podedes ver na barra lateral.
(Si non sabedes o que é twitter, ademais de preguntarvos onde vos metistes nos últimos dous anos, diriavos que é unha rede social na que se publican nano-post (maximo 130 caracteres) respondendo á pregunta Qué estas facendo agora... Parece unha chorrada pero a verdade é que engancha bastante!)
O que me parece un milagre e que teña tremenda cantidade de usuarios. Vale que é unha boa idea, pero eu vexolle carencias por todos lados:
- As funcionalidades son escasas, ademais de postear e responder ós teus seguidores pouco mais... Algunhas das funcionalidades que mais se usan recurrindo a medios externos son a creación de URL pequenas e o aloxamento de fotos. Non entendo porque sendo tan necesarias non están implementadas polo servizo... será por cartos carallo! :) SOLUCIÓN: tinyurl.com e twitpic.com. ACTUALIZACIÓN: Acabome de enterar que abrevias as URL´s el soiño... e eu facendo a man (serei pailán!)
- A paxina principal non recarga.Non sei si é debido a miña incompetencia ou si realmente tanto queren aforrar en ancho de banda. Si non recargas a man, non che aparecen os novos twitts. Ainda vai facer falta unha blackberry...SOLUCIÓN: tuiter.tk
- Ata que topei o servizo Search twitter por casualidade, non sabía como buscar contidos. Na páxina principal e no perfil non aparece o enlace ás busquedas... ¿unha páxina sen busquedas?
Asi que temos un servicio innovador con mogollón de usuarios que parece non estar aproveitado xa que para usar as funcionalidades básicas, son necesarios 3 servicios externos e mais un interno que non é accesible... Cada vez entendo menos.
Plus!: na próxima reunión, debate, ou xuntanza na que colabore na organización, plantexarei usar algún tipo de twitter analógico . Non sei si aportará algo pero seguro que fai risa :)
Para saber mais
Preguntas derivadas del análisis de uso de twitter
Estudio de usuarios de twitter
Analisis de visitas desde twitter
Twitter, ¿microbloggin o realidad aumentada?
ACTUALIZACIÓN: para xeoposicionar os nosos twitts... Twitxr
9.1.09
Xornais dixitais, blogs de empresa e defuncions programadas
Pois parece ser que despois do peche anunciado a primeiros de ano dos blogs sobre cidades de NH Hoteles|Vive la ciudad, hoxe anunciase o peche do xornal dixital ADN.es. Aparentamente non teñen moito que ver, pero eu penso que son duas variantes de novos tipos de xornalismo, contidos creados por profesionais (no xornal sempre e nos blogs en moitos casos) que parece que son os primeiros en ser reducidos pola maldita crise.
Supoño que os grandes directivos que levan as rendas, e que agora botan man do estribo para parala besta que eles mesmos azoutaran pensaron que a mellor maneira de reducir costes, e reducir público obxetivo. E o que non me colle na cabeza, é que seguramente ambos departamentos poderían subsistir cuns costes mínimos comparados con outras canles de comunicación, e cuns rendementos por inversión moi considerables.
Pero non, eles deciden que non hai cartos e internet coma sempre, é prescindible. O tempo dirá quen ten a razón.
8.1.09
I hate... formularios de contacto
Pois unha nova entrada cunha nova categoría adicada a cousas tanxibles ou conecptos que me dan repelús... non digamos que é odio porque é unha palabra moi fea, pero si que me repatean!
E o gran honor de empezar vai por o formulario de contacto. Si, ese enlace tan moderno que nos leva a unha paxina cuns campos en branco que debemos cubrir para enviarlle un correo electrónico ó destinatario. Un simple correo electrónico.
E non digo que non debe haber algún caso concreto no que teñan bo uso os formularios... respostas masivas, enquisas personalizadas a traves de paxinas de aterraxe (landing pages), en definitiva calquer proceso que se dirixa á obtención dunha información por parte de un grupo de usuarios determinado. Pero de ahí a poñelo como contacto xeral...As contras do formularios de contacto son:
- Inespecificidade :¿o mesmo formulario para un cliente potencial que para unha demanda de traballo?. A uns quedaralle grande, a outros pequeno e para ningñun será o axeitado.
- Impersonalidade: ¿A quen me dirixo?. Non sabemos quen vai ler a mensaxe. Tampouco o lector ten certeza de quen o escribe. Pola miña experiencia perdense unha chea de datos, e ainda por riba non temos a certeza de telo enviado...Supoño que serán como imans para o spam pero eso non xustifica que haxa moito buzón de contacto abandoado...
- Parece unha tontería pero ter que escribir o teu mail, e non poder gardar o do teu interlocutor é unha dobre incomodidade. Ademais de ser unha posible perda de clientes, de necesitar un segundo contacto (si no primeiro non che fai caso).
O que si teño claro e que non me gustan os formularios de contacto, asi quue agora vou poñer en todolos que teña que encher :
29.12.08
Receita de proxecto 2.0.0.9
Proxecto 2.0, comercial e autónomo (ingredientes para 1 persoa)
1 camión de ilusión (sobre 27 TM)
Unha garrafa de coñecemento do sector (5 L está ben, pero nunca sobra)
Medio kilo de financiación (un pouco dificil de conseguir, de non topalo, sustituilo polo doble de imaxinación)
200 gr de técnica (ninguen naceu aprendido)
200 gr de paciencia (mercar mais por si fai falla)
50 gr de sorte (mellor non quedarse curtos)
Esforzo e traballo ó gusto.
Sinto decirvos que non coñezo o resultado desta receita, ainda que confio no primeiro ingrediente para o seu éxito. Tamén decirvos que non é comida rápida, mellor facela en cociña económica e con agarimo como facía a nosa avoa.
E sobre todo desexarvos que comencedes o ano 2009 con tantas ganas e ilusión coma min.
24.12.08
Os mellores desexos
Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon noB Bon Bon Bon Bon Bon Bon
Bon Bon
Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon
Bon Bon
Bon BonBon Bon
Bon Bon
Bon BonBon Bon Bon Bon Bon noB Bon Bon Bon Bon Bon Bon
Tudo Bon!!!!!!
22.12.08
Probando Ad-sense
Ando facendo unhas probas con AdSense, a ver como funciona ...
Si lle molesta a alguen que o poña nos comentarios (a ver si así hai algo de feedback...) :)
19.12.08
Plan de Negocio : non hai volta atrás

Ando mirando como facer un plan de negocio. En google, moito curso, moita plantilla para encher os ocos, pero información escasa...
Eso si, algunha moi valiosa. Un gran post de baquia, con un decálogo de puntos para facer un bo plan de negocio. E o que mais me gustou, un plan de negocio ten que ser coma un conto, de Jesus Encinar.
A medida que vou avanzando doume conta que xa non hai marcha atrás. Hai mais xente implicada, mais esforzo posto e sobre todo Vanse definindo as formas onde antes só se vían borrons. Por iso o recomendo, non sei si servirá de moito para buscar financiación pero para definir ben o que se busca, seguro.
Secadra, un plan de negocio e a confirmación escrita de que unha persoa está tola. Tola polo que fai, por suposto.
12.12.08
Vivir no mundo Real(TM)

Anonadado quedei cando me preguntaron nun test de innovación, si sabía que significaba WEB 2.0. Dinme conta que era a primeira conexión que tiña no Mundo Real sobre o mundo virtual.(TM)
