29.4.09

Falsos mitos sobre a nova gripe. O valor dunha palabra.


Ten que vir un "bicho" dunhas micras de tamaño para facerme volver escribir no blog. E a cousa non é para menos. Os que traballamos no sector porcino, vemos o noso futuro cercano en perigo por culpa do afán sensacionalista dalgun xornalista. Hoxe saiu unha recomendación da Comisión europea que lle da un nome mais correcto á enfermidade: a nova gripe.

Estes dias tiven oportunidade de conversar con epidemiólogos, virólogos e algun que outro profesional moi cualificado e estas son algunhas das conclusións as que chegamos (para nada definitivas):

  1. A nova gripe non ten que ver co porco. A unica relación do porco coa nova gripe, é que se supón que alí se produciu o fenomeno de conxugación por cohabitación: duas cepas do mesmo virus deron lugar a unha cepa nova con capacidade infectiva : H1N1
  2. Non existen contaxios masivos animal-humano. Posiblemente existiron alguns casos iniciais de "inoculación forzada" e dende ahí a súa expansión debese a interaccións persoa-persoa. Non hai ningún perigo en convivir con porcos, nin en comelos.
  3. O nome correcto da enfermidade e "Nova Gripe" causado polo Influenzavirus tipo A H1N1, segundo recomenda a comisión europea.
  4. A problemática é distinta á da enfirmade causada por H5N1. O antigo virus, non se contaxiaba persoa persoa e era moito mais virulento.
Non dubido que seguiremos topando incorreccións na información que recibamos, e que se aclararán todalas dubidas que hoxe temos sobre a enfermidade co tempo. Polo momento, esto é o que eu penso e coma tal, contolle.

1.4.09

La guerra ha terminado

Fai 70 anos, o xeneral Francisco Franco anunciaba o fin da guerra. Moitos estaban esperando con ansia que se rematara o conflicto. O que non sabían e que a represión ia continuar durante unha boa tempada.

10.3.09

Local non é 127.0.0.1. Internet global nun mundo local.

Estamos a facer unha asociación cultural basada nun espazo. Somos poucos pero escollidos. Democracia asamblearia e moitas ganas de facer cousas.

Asi que tocoume revisitar as miñas ideas sobre internet local para esta asociación que non ten nome. Estamos plantexando crear unha rede social e un posible hacklab.A ver si existen posibilidades. Algunhas ideas:

  • As redes sociais poden fomentar a participación nas distintas actividades, así como incrementar a pluralidade e a voz de moitos membros
  • Amais de aumentar a visibilidade das accions como colectivo, pode servir como método de traballo interno
  • Un xeito de comunicar asociacións que xeograficamente estén alonxadas. Con internet, ¿quen dixo lonxe?
Estas poden ser só algunhas das vantaxes do uso de intenet no tecido asociacionista. O que está claro e que calqueira ferramenta que axude a desenvolver a participación da xente é positiva e entra dentro do noso colectivo. Pronto, mais e mellor.

26.2.09

O gran circo galego

"Hai unha desvergonza total na mediocridade bloqueira que dirixe actualmente o partido, i é que como se percibe nas declaracións de Quintana, a visión parcial da realidade que orixina o crer que o nacionalismo é a solución total de toda índole de problemas, ergo o Bloque como único representante da tendencia é o salvador final do destino de Galiza, causa en definitiva a omisión inconsciente de todo erro gubernamental. Se ben moito peor sería a omisión consciente, tamén ben certo é que de xente máis sagaz sería iso indicativo."


Engadiría que ningún fundamentalismo é bo e un pouco de sentido crítico vennos ben a todos. Parece que nos tempos de hoxe criticar ó Bloque significa ser fraguista ou pepero (¿?) e estar metido na conspiración PP-LaCoz-Sionistas-Españolistas. O pensamento único, tan típico da dereita como util na esquerda apropiase agora do recuncho nacionalista.

Eu non teño claro a quen votar e si o vou facer. Semprei pensei que a democracia e unha farsa, un engano que reduce a dúas ou tres as posibles solucións a un conflicto. Duas ou tres solucións e sempre os mesmos beneficiados.

E si leiches ata aqui e estas buscando unha resposta ou esperando que diga algunha palabra maldita, sinto decirche que non, non teño a túa resposta. E por suposto, non direi a palabra maldita.

Foto: O gran circo Galego

19.2.09

Google analytics e as fontes de tráfico

Non entendo o enfado de algúns ó descubrir a forma na que Google Analytics contabiliza as fontes de tráfico . De todos era coñecido a sobreponderación que fai google con certos tipos de tráfico, e intuible cara a que lado estaba inclinado o sesgo. Ademais, estaba ampliamente documentado e citado en moitos posts sobre google analytics. Eu tamén penso que acaducidade da cookie en 6 meses e un pouco exaxerada, pero dino ben clariño, e unha "feature" e así debe ser considerada no analise dos datos.

Pero pola miña impresión, no mundo dixital a poucos lle importan este tipo de cousas namentres as cifras aparezan infladas coma binchas. Supoño que a quen vende aire, vapor ou fume convenlle mais notoriedade, ainda que sexa a costa da verdade.

As apariencias enganan... cada vez mais.

16.2.09

O conflicto palestino e Mahmoud Darwish

Gustoume descubrir a Mahmoud Darwish, poeta palestino que me recomendou Celsiño. Perdome nas súas palabras, tentando adiviñar parte do que nos quere contar, tentando descubrir unha cultura que me é totalmente allea. E decatandome de canto mundo descoñecido me queda por coñecer.

Topome coa mellor descripción do conflicto palestino que lera nunca. Visto por un dos afectados, pero cunha obxetividade que asombra. E sobre todo, cunha claridade que non lle viría mal a todolos políticos involucrados que poñen pegas para que Palestina e Israel convivan en paz.



Pienso: quizá sea un asesino, o quizá

uno que habrá pensado que yo soy un asesino.

Él tiene miedo, ¡y yo también!

Extraido do poema de Mahmou Darwish "Él está tranquilo"


Poema completo en "El Pais"

12.2.09

A ética de Charles Darwin

Hoxe cumplense 200 anos do nacemento de Charles Darwin, científico responsable da Teoría da evolución, ou mellor dito de parte de ela.

Polo que sabemos, poucos poderían adiviñar que aquel rapaz de 22 anos que se embarcou no beagle para dar a volta ó mundo, sería un dos persoaxes amais influintes do milenio. As cronicas din que Darwin era un pouco patoso, inseguro e temeroso... un pouco pailán que diriamos hoxe en día. A miña teoría e que o seu mestre Henslow embarcouno para se desfacer de el, ainda que é posible que xa coñecera as habilidades observadoras de este mozo. Durante a viaxe, Darwin observou a especiación nas pequenas illas do Pacífico, e xunto con observacions xeolóxicas abrironlle os ollos.

Pero Darwin, non é só un home de ciencia. Darwin significa a ética, e a loita dun home pola verdade (independientemente das súas conviccións). É triste coñecer que a teoría que hoxe goberna a bioloxía estivo agachada na mente do seu creador durante mais de vinte anos, por medo a rexeitamentos relixiosos. Nin Darwin mesmo cría o que dicia, pero él sabía que era verdade e atormentabase pensando o daño que faría á súa esposa os seus descubrementos.

Esta foi a historia dun home superado pola ciencia, polo destino e sobre todo pola honestidade. Unha historia que nos parece lonxana nestes tempos de modernidade, pero que non queda desfasada ainda que hoxe non sería posible por dous aspectos: os valores da xente non son relixiosos (son económicos) e a ciencia establecida cada vez é mais heterodoxa e non da lugar a discusión.

Por sorte, a alguns desencantados coa ciencia quedannos as tertulias nos bares, nos foros especializados ou nos blogs para seguir dandonos conta de que ciencia non é só traballo e coñecemento, se non tamén imaxinación é ética.