Pois parece que tivo éxito o anuncio de Quintana, no que parodia os contos de Axterix e Obelix. O spot está ben feito, e resulta curioso ainda que ás veces non conven esquecer que os anuncios políticos deben vender programas e ideas coherentes en lugar de exaltar a figura (figurín diria eu) dunha persoaxe en concreto. Porque para vender fume, xa temos o resto da publicidade ¿non?.
Eu discrepo en varios aspectos:
- A calificación do estado español como imperio romano, e a do propio Anxo Quintana como salvador da terra non é mais ca unha caricatura do que d everdad ocorre. Habería que preguntarlle a Quin porque pacta cando lle peta coas hordas imperialistas. Este tipo de ideas e as do signo contrario, non fan mais que polarizala sociedade galega mais ainda.
- ¿Galiza non se vende?. Non, subastase!Por si fora pouco, usan a imaxe da Plataforma Galiza non se vende. Plataforma á que non pertence o Benegá nin ningunha das súas filiais (ADEGA, etc) por motivos políticos.
Por que o que importa non son as ideas, si non a imaxe. E xa postos ó circo, eu penso que lle quedaría moi ben un spot de circo romano: Touriño e Feijoo de leons, os galegos no foso e chega Quin e salvanos a todos da hecatombe. Moito mais vistoso e moito más efectivo!
ACTUALIZACIÓN: Pois estaba trabucado, non só se ve o meu comentario (e mais que non están moi de acordo co video) si non que me engaden nun directorio de novas sobre o BNG dende a Comisión Nacional da Sociedade de información do BNG.
BNG na rede
4 comentarios:
Seve, creo que te confundes...en Quin.tv por exemplo tes a sección de Colabora onde podes mandar o seu vídeo.
Eu mesmo o mandei (e dicindo algo non moi bo, por certo), e calqueira pode enviar o seu vídeo, que Quintana contesta.
Home...
Non falo da plataforma Quin.tv, si non da páxina do video onde só vexo un gran boton que pon "A min gustame" e nin un só comentario minimamente crítico (bueno hai un que non se pode ler por votos negativos, gustariame saber que é o que pon).
Na plataforma Quin.tv efectivamente ten un apartado que pon Fálame e que deixa subir videos. Acabo de ver a tua pregunta, que me parece boa, pero que o metes en poucos apuros. Ainda por riba, a súa resposta non me aclara nada. Sigo pensando coma ti, que é propaganda.
Pois Seve, non ten máis que ir a Fálame e grabar un vídeo para comprobar a súa pluralidade, e por certo, o comentario fritido a negativos penso que o podes ver facendo click :)
Gracias polo debate Andres :)
A pluralidade non é necesario comprobala, vese a simple vista. Si en 50 comentarios todos son iguais, non creo que sexa necesaria moita comprobación...(ainda que acabo de facer un comentario no video).
Independiente que eu sexa un inutil dixital como pra non ver o enlace (amosar comentario), efectivamente, podese ver como o comentario non é para nada insultante e está "censurado". Velaquí o comentario que non amosan en Quin.tv (e que eu suscribo), xulguen vostedes ...
"Espartaco liberou ós escravos máis lamentablemente non foi quen de acabar coa República Romana...
Hoxe temos unha terra conquistada por capitais propios e alleos que seguen a expoliar o noso...
Unha Revolta Irmandiña non é o camiño máis intelixente para sacar a Galicia adiante...
Máis alá das bromas mediáticas... mellor nos iría se non fóramos tan personalistas nesta lexislatura... e escoitaramos con máis atención ó que di a Cidadanía e o que reclaman os galegos e galegas do país.
Eu non son Anxo Quintana...! "
Publicar un comentario