Proxecto 2.0, comercial e autónomo (ingredientes para 1 persoa)
1 camión de ilusión (sobre 27 TM)
Unha garrafa de coñecemento do sector (5 L está ben, pero nunca sobra)
Medio kilo de financiación (un pouco dificil de conseguir, de non topalo, sustituilo polo doble de imaxinación)
200 gr de técnica (ninguen naceu aprendido)
200 gr de paciencia (mercar mais por si fai falla)
50 gr de sorte (mellor non quedarse curtos)
Esforzo e traballo ó gusto.
Sinto decirvos que non coñezo o resultado desta receita, ainda que confio no primeiro ingrediente para o seu éxito. Tamén decirvos que non é comida rápida, mellor facela en cociña económica e con agarimo como facía a nosa avoa.
E sobre todo desexarvos que comencedes o ano 2009 con tantas ganas e ilusión coma min.
29.12.08
Receita de proxecto 2.0.0.9
24.12.08
Os mellores desexos
Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon noB Bon Bon Bon Bon Bon Bon
Bon Bon
Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon Bon
Bon Bon
Bon BonBon Bon
Bon Bon
Bon BonBon Bon Bon Bon Bon noB Bon Bon Bon Bon Bon Bon
Tudo Bon!!!!!!
22.12.08
Probando Ad-sense
Ando facendo unhas probas con AdSense, a ver como funciona ...
Si lle molesta a alguen que o poña nos comentarios (a ver si así hai algo de feedback...) :)
19.12.08
Plan de Negocio : non hai volta atrás

Ando mirando como facer un plan de negocio. En google, moito curso, moita plantilla para encher os ocos, pero información escasa...
Eso si, algunha moi valiosa. Un gran post de baquia, con un decálogo de puntos para facer un bo plan de negocio. E o que mais me gustou, un plan de negocio ten que ser coma un conto, de Jesus Encinar.
A medida que vou avanzando doume conta que xa non hai marcha atrás. Hai mais xente implicada, mais esforzo posto e sobre todo Vanse definindo as formas onde antes só se vían borrons. Por iso o recomendo, non sei si servirá de moito para buscar financiación pero para definir ben o que se busca, seguro.
Secadra, un plan de negocio e a confirmación escrita de que unha persoa está tola. Tola polo que fai, por suposto.
12.12.08
Vivir no mundo Real(TM)

Anonadado quedei cando me preguntaron nun test de innovación, si sabía que significaba WEB 2.0. Dinme conta que era a primeira conexión que tiña no Mundo Real sobre o mundo virtual.(TM)
31.10.08
Adeus Tempelhof : os últimos de Berlin.
Construido nos primeiros anos 30, o aeroporto de Tempelhof en Berlin é o segundo aeroporto mais antigo do mundo en funcionamento, pero por pouco tempo xa que pechará as súas portas esta mesma noite logo de case oitenta anos de servizo. O edificio aturou de todo na súa longa vida, dende os bombardeos aliados na segunda guerra mundial, a ponte aerea que mantivo abastecido ós mesmos alemans, crisis de todolos tipos, etc pero non foi quen de aguantar o clamor popular de querer pechar o aeroporto, e fai uns meses e logo dun referendo popular decidiron botarlle o peche.
View Larger Map
O proxecto inicial do aeroporto de Tempelhof era unha monstruosidade, coma case todos os que propoñia a alemania nazi daquel enton. Un gran aerodromo para pasaxeiros, unha sede para a recen creada Luftwaffe e un gran espazo para as súas paradas aereas. Pero este proxecto veuse troncado coa chegada da guerra, e o aeroporto quedou convertido nun centro aereo para a guerra, onde se ensamblaban os famosos stukas e como aerodromo principal da capital do imperio xermano. Foi logo, durante o bloqueo soviético de Berlín, cando pasou á historia o converterse na salvación dos ianquis e servir como ponte aereo para levar suministros a Berlin durante mais dun ano.
Pasear pola Avenida Columbiadam mentres se escoitan os antigos avions saindo de Tempelhof e unha desas cousas que recordan o pasado aterrador desta cidade. Unha das poucas cousas que quedaban dun pasado que Berlín prefire olvidar (agás alguns nostálxicos e oportunistas que pretenden aproveitar o filón do turismo).
Berlín xa non será o mesmo sen Tempelhof.
24.9.08
Comercio electronico II : a competencia
Logo de saber que producto imos vender, o segundo paso nesto do comercio electrónico pasa pola avaliación da competencia. A sabiduría popular di que "a competencia sempre é boa", unha reflexión sobre a que se podería falar moito. O que siempre é certo, e que a competencia debe ser estudiada nos primeiros pasos dun proxecto destas características.
No Mundo Real, a competencia restrinxese a empresas mais ou menos cercanas que traballan cos mesmos condicionantes (positivos ou negativos) cos que ti traballas. Pagarán uns soldos apróximados, teñen unhas tarifas de transporte similares ás túas e pagan os mesmos impostos (ou semellantes). Pero en internet as cousas cambian, e a competencia pode vir dende o punto mais lonxano e con unha serie de ventaxas ou desventaxas fronte ó teu modelo de negocio.
Un proxecto de ecommerce DEBE contemplar a competencia e podemolo facer nuns pasiños sinxelos:
- Acudir ós buscadores na procura doutras webs que vendan os mesmos productos ca ti. Facer as pesquisas por productos (bebidas) e por marcas (fanta) e non esquencer a publicidade contextual. (Hoxe con Adwords, canta mais competencia teñas mais cara che vai sair a publicidade)
- Revisar o posicionamento, imaxe de marca, catalogo, prezos e servizos que ofrece a nosa competencia. E indispensable estudiar os aspectos técnicos da tenda, así como os comerciais e de atención ó cliente. A mellor maneira e facer un pedido, comprobando por nos mesmos a capacidade que ten a nosa competencia.
- A partir destes datos, plantexarnos o noso posicionamento respecto ós productos e ós clientes
Analisis Competencia Online , presentación.
Mais | Comercio electrónico I : ¿Que vender?
