22.12.08

Probando Ad-sense

Ando facendo unhas probas con AdSense, a ver como funciona ...

Si lle molesta a alguen que o poña nos comentarios (a ver si así hai algo de feedback...) :)

19.12.08

Plan de Negocio : non hai volta atrás


Ando mirando como facer un plan de negocio. En google, moito curso, moita plantilla para encher os ocos, pero información escasa...
Eso si, algunha moi valiosa. Un gran post de baquia, con un decálogo de puntos para facer un bo plan de negocio. E o que mais me gustou, un plan de negocio ten que ser coma un conto, de Jesus Encinar.

A medida que vou avanzando doume conta que xa non hai marcha atrás. Hai mais xente implicada, mais esforzo posto e sobre todo Vanse definindo as formas onde antes só se vían borrons. Por iso o recomendo, non sei si servirá de moito para buscar financiación pero para definir ben o que se busca, seguro.

Secadra, un plan de negocio e a confirmación escrita de que unha persoa está tola. Tola polo que fai, por suposto.

12.12.08

Vivir no mundo Real(TM)


Anonadado quedei cando me preguntaron nun test de innovación, si sabía que significaba WEB 2.0. Dinme conta que era a primeira conexión que tiña no Mundo Real sobre o mundo virtual.(TM)

31.10.08

Adeus Tempelhof : os últimos de Berlin.

Construido nos primeiros anos 30, o aeroporto de Tempelhof en Berlin é o segundo aeroporto mais antigo do mundo en funcionamento, pero por pouco tempo xa que pechará as súas portas esta mesma noite logo de case oitenta anos de servizo. O edificio aturou de todo na súa longa vida, dende os bombardeos aliados na segunda guerra mundial, a ponte aerea que mantivo abastecido ós mesmos alemans, crisis de todolos tipos, etc pero non foi quen de aguantar o clamor popular de querer pechar o aeroporto, e fai uns meses e logo dun referendo popular decidiron botarlle o peche.


View Larger Map

O proxecto inicial do aeroporto de Tempelhof era unha monstruosidade, coma case todos os que propoñia a alemania nazi daquel enton. Un gran aerodromo para pasaxeiros, unha sede para a recen creada Luftwaffe e un gran espazo para as súas paradas aereas. Pero este proxecto veuse troncado coa chegada da guerra, e o aeroporto quedou convertido nun centro aereo para a guerra, onde se ensamblaban os famosos stukas e como aerodromo principal da capital do imperio xermano. Foi logo, durante o bloqueo soviético de Berlín, cando pasou á historia o converterse na salvación dos ianquis e servir como ponte aereo para levar suministros a Berlin durante mais dun ano.

Pasear pola Avenida Columbiadam mentres se escoitan os antigos avions saindo de Tempelhof e unha desas cousas que recordan o pasado aterrador desta cidade. Unha das poucas cousas que quedaban dun pasado que Berlín prefire olvidar (agás alguns nostálxicos e oportunistas que pretenden aproveitar o filón do turismo).

Berlín xa non será o mesmo sen Tempelhof.

24.9.08

Comercio electronico II : a competencia

Logo de saber que producto imos vender, o segundo paso nesto do comercio electrónico pasa pola avaliación da competencia. A sabiduría popular di que "a competencia sempre é boa", unha reflexión sobre a que se podería falar moito. O que siempre é certo, e que a competencia debe ser estudiada nos primeiros pasos dun proxecto destas características.

No Mundo Real, a competencia restrinxese a empresas mais ou menos cercanas que traballan cos mesmos condicionantes (positivos ou negativos) cos que ti traballas. Pagarán uns soldos apróximados, teñen unhas tarifas de transporte similares ás túas e pagan os mesmos impostos (ou semellantes). Pero en internet as cousas cambian, e a competencia pode vir dende o punto mais lonxano e con unha serie de ventaxas ou desventaxas fronte ó teu modelo de negocio.

Un proxecto de ecommerce DEBE contemplar a competencia e podemolo facer nuns pasiños sinxelos:

  1. Acudir ós buscadores na procura doutras webs que vendan os mesmos productos ca ti. Facer as pesquisas por productos (bebidas) e por marcas (fanta) e non esquencer a publicidade contextual. (Hoxe con Adwords, canta mais competencia teñas mais cara che vai sair a publicidade)
  2. Revisar o posicionamento, imaxe de marca, catalogo, prezos e servizos que ofrece a nosa competencia. E indispensable estudiar os aspectos técnicos da tenda, así como os comerciais e de atención ó cliente. A mellor maneira e facer un pedido, comprobando por nos mesmos a capacidade que ten a nosa competencia.
  3. A partir destes datos, plantexarnos o noso posicionamento respecto ós productos e ós clientes
E recorda, si ti non pensas que o podes facer mellor, entón non o fagas!

Analisis Competencia Online , presentación.

Mais | Comercio electrónico I : ¿Que vender?

Comida e cartos

Fai tempo que lle veño dando voltas ó mesmo. Unha gran costume da blogosfera e aludir ás visitas coma unica razón de existencia dun blog. Si fas un comentario noutro blog con mais visitas ca o teu, pois falo por atraer visitantes. Si usas certas verbas, pois tamén. E si cortas os RSS, a unica causa posible e que che visiten.

Coma na vida mesma, cada un pode ter a suas propias motivacións independentes das visitas nos blogs. E como supoñer, que todo o mundo que traballa faino por cartos, e que todo o que facemos nas nosas vidas, e por popularidade ou beneficio directo.As motivacions para escribir un blog, coñeceas o propio autor, e ocorrenseme varias :

  • Como diario persoal, para ver nun futuro o que pensabamos no pasado.
  • Unha reflexión en voz alta sobre os aspectos que queremos suliñar.
  • Como motivación para aprender e investigar sobre temas que nos parecen interesantes.
E non sempre a mellor maneira de valorar os blogs e polo número de visitas. O caso dos blogs comerciais con tropecentas visitas e que hoxe en día estan pouco valorados por algunhas persoas.

Ocorreseme o simil dun artista, que non debe estar preocupado polo que pense a xente, si non por comunicar co seu traballo. Porque non todo na vida van ser comida e cartos.

19.9.08

O mundo según Eric Tabuchi





Buceando no traballo de Eric Tabuchi vexo algo mais aló do alfabeto en camións. Os seus traballos sobre a vida cotiá, a metade de camiño entre o fotoperiodismo e o constructivimo sovietico, paranse en detalles que amosan a intervención humana e as súas consecuencias, con certo toque de inocencia e de sutileza. As alteracións visuais limitanse á ordenación e presentación dos fotogramas, sen intervir na maior parte das esceas, amosandose como simple espectador dunha realidade cambiante.


Os seus traballos sobre construccións, pequenos edificios ou monumentos (unha montaña de lixo por exemplo) son tremedamente estáticos e impersoais ensinando unha visión paciente e sinxela, non moi propia desta época. O meu preferido é a súa colección de 26 gasolineiras abandoadas que como di o autor "son as ruinas dunha road movie imposible"

Non é o fotografo mais técnico do mundo, nin o mais rechamante, pero Eric Tabuchi pode ver mais alá.

Fotografias de Eric Tabuchi

Visto en Microsiervos