9.9.08

Conexion a internet WiFI en locais públicos de Santiago de Compostela.

Un listado de locais con wifi:

Baseado nunha historia real:Rúa Santiago de Chile, 32
Café Del Bolengo:Ramón Cabanillas, 17.
Café Teatro Garigolo:Rúa Algalia de Arriba, 1
Cafetería El Campus:Rúa Rosalía de Castro, 87.
Touro Tolo:Rúa Entremuros
Terra Nova:Plaza Rodrigo de Padrón.
Café Lembranza:Rúa Montero Rios, 39
Cafetería Carballal:Rúa San Pedro De Mezonzo 30
Bar Fusion:Rúa de Frei Rosendo Salvado 9
Centro Sociocultural del Ensanche:Rúa de Frei Rosendo Salvado, 14
Pub Ocurruncho:Rúa Entremuros 12
Estación de Autobuses de Santiago:Rúa de Tomiño,
M* Café y copas:Fonte de Santo Antón nº15
Central Perk:Rúa Nova de Abaixo.
La Taquilla:Rúa de Fernando III ‘O Santo’, 14
Tupperware:Rúa de Frei Rosendo Salvado 28
Café Garigolo:Rúa da Algalia de Arriba, 1
El Rincon De Gurpegui:Rúa Frei Rosendo Salvado 15
Café Recantos:Rúa San Miguel Dos Agros 2
Van Gogh Book:Rúa Travesa, 4
Centro Sociocultural De Fontiñas:Centro Sociocultural Aurelio Aguirre De Conxo, Plaza Aurelio Aguirre 1
Centro Sociocultural Jose Saramago De Vite:Rúa Carlos Maside 7
Cafetería Masterpool:Rúa Rosalía de Castro
Cafetería Kedaki:Rúa dos Salgueiriños de Abaixo 4
Cafetería del Auditorio De Galicia:Avenida Burgo Das Nacións S/N
Cafetería Airas Nunes:Rúa Do Vilar 17
Centro Sociocultural O Castiñeiriño:Rúa da Virxe de Fátima 1
Café ++++:Rúa do Vilar, 23
Peña Barcelonista de Santiago de Compostela:Bar A Estrada. Rúa da Estrada
Centro Sociocultural de Sar:Colegiata de Sar. Rúa Sar S/N
Cafetería Sport:Rúa da República Arxentina, 35
Café Bar Vivacce: Rúa de Ramón Cabanillas, 13
Cafetería Rúa Bella: Rúa Nova.
Cafetería Lumar: Rúa Santa Marta de Arriba, 7
Café-Pub La Conga: Rúa da Conga, 8


E outro listado de sitios con Wifi

  • Baseado nunha historia real : C/Santiago de Chile, 32
  • Cafeteria El Campus : Rua Rosalía de Castro, 87
  • Café Teatro Garigolo : Algalia de Arriba, 1
  • Touro Tolo : Rúa Entremuros
  • Terra Nova : Plaza Rodrigo de Padrón
  • Café Del Bolengo : C/ Ramon Cabanillas, 17
  • Café Lembranza : c/ Montero Rios
  • Moores : C/ Rodrigo de Padrón
  • Café Recantos : San Miguel dos Agros, 2
  • Café ++++ : Rúa do Vilar, 23
  • Café Airas Nunes : Rúa do Vilar, 17
  • Bar Fusion : C/ Fray Rosendo Salvado
  • El rincon de Gurpegui : C/ Fray Rosendo Salvado
  • Tupperware : C/ Fray Rosendo Salvado
  • Trapitos y Joyas : C/Santiago de Chile, 31
  • Van Gogh Book : Rúa Travesa, 4
  • Sino : Algalia de Arriba, 5
  • Cafetería del Auditorio de Galicia
  • Cafetería kedaki: Rua dos Salgueiriños de abaixo, 4
  • La Gallina Estrella: Republica Argentina, 41
  • Cleá: Transito dos gramáticos, 5
  • Centro Sociocultural de Vite: Carlos Maside, 7
  • Centro Sociocultural de Conxo: Campo de conxo, 15
  • Centro Sociocultural de Fontiñas: Rúa Berlin, 13
  • Centro Sociocultural do Ensanche: Frey Rosendo Salvado 14-16
  • Cafetería Masterpool: Rosalía de Castro
  • Cafe Lola
O primeiro está copiado de Diario de a bordo e a segunda elaboreina eu fai cousa de ano e medio coa axuda dos lectores de Santiago de Compostela | Vive la ciudad. A segunda está sin actualizar.

Calquera parecido entre elas, e mera coincidencia.

Uso e disfrute de Creative Commons


Agora que a licencia Creative Commons está extendida, parece que algunha xente descoñece as características de esta modalidade. Ainda que son cambiantes, podense escoller distintas licencias (falaremos da mais usada Reconocimiento No-Comercial 2.1-España), que permiten a copia, difusión e distribución do contido CITANDO expresamente ó autor da mesma. Outra característica e a restricción para uso comercial dos contidos, cousa que non sempre se cumpre.

Parece que moita xente non se deu conta, e así podemos ver contidos practicamente copiados (ata cos mesmos erros) sin citar a súa procedencia. Esto, ademais de inmoral e ilegal.

Recordame o vello chiste de Jaimito que lle di o profesor que copiara do compañeiro do lado, porque na pregunta que un puxo "non o sei", o outro puxo "eu tampouco".

Actualización: Parece ser que si non aporta nada, ou queda o post moi longo, podemos obviar a cita.

Aaaamos hooooooomeeeee

30.8.08

Vendese Illa: Montaña clara

A illa de montaña Clara está situada ó Norte de Lanzarote dentro do Parque Natural do Arquipelago Chinijo ainda que está en mans privadas. E agora pretendena vender por 9 millons de euros.

O despitado que a merque, que sepa que tense que someter ó deslinde de costas no que probablemente perda o 55% do territorio de 2,7 Kilómetros cadrados, e que probablemente o restante sexa expropiado ou adquirido polo estado dentro do seu programa de adquisición de espazos naturais.

E digo eu... ¿non habería outra solución para esta illa?

O conservacionismo privado e unha opción descoñecida no estado español, que trata de que institucions privadas (mais estables a cambios políticos e mais incorruptibles) se fagan cargo de espazos naturais para a súa conservación por medio de axudas ou con fondos propios. E unha gran alternativa para espazos que coma este, están en mans privadas.

6.8.08

Comercio electrónico I : ¿Qué vender?

Polo xeral, primeiro está o producto e logo están as súas canles de venda (venta física ou por internet) ainda que neste caso vamos plantexar as cualidades que debe ter un producto para que a súa venta sexa exitosa por internet:
I)Segmento de mercado adecuado: esto debe ser o principal. Non creo que sexa moi rendible vender dentaduras postizas por internet. O target do noso producto debese topar ben representado na rede. En xeral de 18 a 50 anos.

II)Tamaño e volume adecuados: ainda que non existe nada imposible, os portes e a loxística debense ter en conta. Mellor productos pequenos e caros.

III)Competencia no sector.

Atendendo ó tipo de productos que queremos vender podemos seguir dúas estratexias :

A) Productos "raros": productos dificiles de topar, de consumo restrinxido ou minoritario seguindo as directrices da "teoría da cola larga". Superespecialización
B) Productos de consumo ordinario: dirixidos a un público mais xeral, debense dobras os esforzos comerciais (prezo e servizo) e de marketing.

E por suposto, todo o dito queda invalido no caso de ter unha gran vantaxe competitiva xa sexa comercial, loxística ou técnica... ainda que cada día e mais dificil innovar, nunca é imposible.

Algúns recursos:

Una tienda online sigue siendo una tienda
Enquisa sobre comercio electrónico na empresa
15 reglas básicas para vender en internet

1.8.08

Non vou de vacacions

NonvoudevacacionsNonvoudevacacionsNonvoudevacacionsNonvoudevacacions
NonvoudevacacionsNonvoudevacacionsNonvoudevacacionsNonvoudevacacions
NonvoudevacacionsNonvoudevacacionsNonvoudevacacionsNonvouNonvouNon
NonvoudevacacionsNonvoudevacacionsNonvoudevacacions




¿Queda claro?

17.7.08

Subcontratando a web 2.0 : cink.es

Pois hoxe chamame a atención cink.es, un "servizo de axitación 2.0". A idea pareceme boa, subcontratar externamente os servizos de blogging, microbloggin, e demais redes sociais. Poderia ter resultados creando "buzz", respondendo comentarios, animando twitter corporativos e demais lindezas.

A clave está no intrusismo. Os blogueiros somos moi recelosos das corporacións, e non nos gustan os convencionalismos nin os formalismos típicos das grandes corporacións. Si este tipo de servizos non pasan dun nivel informativo, poden resultar interesantes.

E como primeira proba para poder evaluar a sua eficacia, ocorreseme falar deles para ver si son quen de mirar pola súa imaxe corporativa. Para min, unha das tarefas mais importantes de todo este tipo de servizos. Mais información no seu blog corporativo.

Por certo, si queres colaborar con eles pidenche o curriculo , moi 2.0 non é ¿non si?

ACTUALIZACIÓN: Non sei si pola barreira lingüistica, o caso e que os rapaces de cink non respostan cando se fala de eles. Espero que traballen de outra forma cos seus clientes.

1.7.08

We are not what we think we are (Non somos o que pensamos que somos)

Mirate ó espello e dime, ¿Que ves?.
Seguramente non fai falla que fagas o exercicio, e xa sabes o que verás. A imaxe que cada un ten de si mesmo, unha mestura entre o que somos, o que queremos ser e o que queremos que pense que somos. O que non se nos ocorre moitas veces, e que esa imaxe adoita estar distorsionada. Non somos o que pensamos que somos. Ainda que queiramos selo.

Somos o que somos

¿ou non?

Nota: O debuxo que ilustra este post, titulado Autorretrato de Escher pendura en fronte da miña cama para recordarme que non o son o que eu penso.