Logo de andar fedellando coas fotos, topome cunha chea de paxinas que ofertan texturas de libre distribución para combinalas coas imaxes con resultado dispar. Ainda non sei o truco para facelo, cando o descubra direivolo. Namentres botadelle un ollo a estes sitios con texturas de balde
24.6.08
Texturas gratis para traballos artísticos
17.6.08
Imitando a Jacob Carter
Encantame o traballo de Jacob Carter, outro punto de vista grazas ás texturas sobre paisaxes que evocan as sensacions que producen. E como o meu atrevemento e tan grande coma a miña cabeza, ando tentando facelo mesmo con paisaxes mais urbanas, ainda que de momento o resultado non e todo o desexado. Seguirei "texturizando"...
Vía Codigo Cero
Foto: Barrio Europeo, Bruselas
14.6.08
Gustanme
- As fotografias orixinais
- Os domingos pola mañan
- As comidas con piña no vran
- Fender "1958 Tele Relic" Custom Shop
- Os sorrisos
- Os ensaios científicos
- Os paises baixos
- Django Reindhart e George Orwell
- As longas rectas da meseta
- Os peixes
- Chegar á casa antes das 7 da tarde
- Sair da casa despois das 10 da mañan
- Os robots
12.6.08
Para seguir aprendendo
- Estupendo artigo no blog de tipografias "Letritas" sobre a elección dunha fonte.
- Documentalista enredado fala sobre os documentalistas cientificos e os científicos documentalistas.
- "La diagramación en la arquitectura de la información" en nosolousabilidad.
11.6.08
As dez de Seve
Xa me esquecera que fai un tempo, contestei a proposta de Sono-Tone (a revista galega da musica) as miñas dez cancions favoritas. Unha lista coma outra calquera.
Si queren coñecer a causa da miña esquizofrenia, ou alo menos unha das súas consecuencias, aquí están as dez de Seve.
5.6.08
Tres fontes de enerxía que NON salvarán o noso planeta
Parece que co encarecemento do prezo do petroleo, a opinión pública está mais sensibilizada e sobre todo mais predisposta a pensar en outras fontes de enerxía, ainda que a información que circula e unha mixtura de cotilleo, esperanza e divulgación científica. Por eso ocorreuseme escribir sobre tres das fontes de enerxía nas que a xente deposita a súa esperanza de acabar coa dependencia do petroleo, pero que nunca poderán ser a solución (ainda que si poidan reducir ou diminuir o problema).
- Enerxía mareomotriz: da enerxía que se obtén da forza das mareas falase que e limpa e renovable. Pode ser certo, ainda que no mundo non existen mais de vinte lugares onde instalar centrais deste tipo, e ainda que estas factorías destrozan literalmente a paisaxe e o ecosistema onde se colocan. É o caso da central de Rance en Francia, onde se destrozou o estuario do mesmo nome para producir enerxía. Veredicto : INSUFICIENTE
- Enerxía da biomasa: existen moitas centrais pequenas espalladas polo mundo, o exemplo mais cercano e a planta de Nostián, creada polo concello da Coruña pra xestionar os residuos orgánicos. De todos son coñecidos os problemas particulares desta planta, ós que habería que engadir a emisión de gases de efecto invernadoiro de esta tecnoloxía (producen metano que ó queimar produce dioxido de carbono). Ademais, debemos pensar nunha estratexia de Reducción, Reutilización e Reciclaxe nos residuos, non nunha valorización enerxética dos mesmos. Veredicto: POUCO EFICAZ e EMITE GASES
- Enerxía eólica: é moi limpa e de escaso impacto atmosférico ainda que de gran impacto paisaxistico. O seu principal problema e a irregularidade: non sabemos o que pode producir, e pode ter baixadas importantes que deben ser aocmpañadas de picos nas térmicas. E un complemento pero non poderiamos subsistir con ela. Veredicto : IRREGULAR
4.6.08
Galego e empresas
Martin Varsavsky, empresario, emprendedor e blogueiro argentino español explica hoxe no seu blog as razóns polas que o seu novo proxecto Fon non está traducido ó resto das linguas do estado español. Basicamente, expon :
- Que o coste de desenrolo dunha lingua sobrepasa os 100.000 euros (WTF!)
- Que como non ten cartos para as traduccións, vai publicar uns wiki para que os usuarios traduzcan para a súa empresa.
O señor Varsavsky bota as súas contas atendendo ó número de clientes potenciales, sen tomar nota da fidelidade dos mesmos, da presenza e de outros factores que no son facilmente mesurables.
A empresa galega R (nunha situación moi distinta, por suposto) ven de anunciar a saída do seu servizo de mobiles cunha novidade respecto da competencia: a lingua galega nos terminales Nokia. Dous puntos de vista para a mesma idea.