Coma na vida mesma, cada un pode ter a suas propias motivacións independentes das visitas nos blogs. E como supoñer, que todo o mundo que traballa faino por cartos, e que todo o que facemos nas nosas vidas, e por popularidade ou beneficio directo.As motivacions para escribir un blog, coñeceas o propio autor, e ocorrenseme varias :
- Como diario persoal, para ver nun futuro o que pensabamos no pasado.
- Unha reflexión en voz alta sobre os aspectos que queremos suliñar.
- Como motivación para aprender e investigar sobre temas que nos parecen interesantes.
Ocorreseme o simil dun artista, que non debe estar preocupado polo que pense a xente, si non por comunicar co seu traballo. Porque non todo na vida van ser comida e cartos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario