
Realmente non me gustan os consultores. Mellor dito, pareceme moi complicado que unha persoa allea ó traballo diario dunha empresa/business, sexa capaz de aconsellar e dar leccións sobre como facer as cousas. Por suposto que saberá moito de inxeniería de procesos, pero de fabricación seguramente non teña nin idea.
A maior parte dos consultores que me topei no traballo, ofrecen solucións estandarizadas para problemas moi concretos e iso non resulta. Estou de acordo con
Consultor Anónimo na
súa visión da consultoría ainda que él apunta ás culpas do cliente, e eu apunto ás dos profesionais do sector.
De todolos xeitos penso que existe un florecemento de pseudoconsultores que non é normal. Ser consultor debería ser coma ser fermoso, un adxetivo calificativo que só ten merito cando o din os mais. De pouco serve que eu diga que son consultor, eu serei un profesional de calquera campo e serán os clientes os que me califiquen como consultor. Pero hoxe en día, calquera adopta un termo anglosaxón para o seu traballo coma
Social Media Consultant,
Information Technology Consultant, etc e triunfa no mundo dos consellos coma unha nova forma de relixión e moitas veces sin pasar polo catecismo.
Pero as cousas están así, e como dicía miña nai "Non só e selo se non parecelo". E moitas veces, a culpa do fracaso dos procesos de consultoría é do propio cliente que non sabe seleccionar o seu asesor, deixandose guiar pola súa sona en lugar de pola súa experiencia en proxectos similares.
Nota: O da foto e
Josh Hallett e non ten culpa de nada :). Foto de
Happy Katie